King Kong (1933)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
King Kong | |
---|---|
Título orixinal | King Kong |
[[Imaxe:|200px| ]] |
|
Ficha técnica | |
Director | Merian C. Cooper |
Produtor | Merian C. Cooper Ernest B. Schoedsack |
Guión | James Ashmore Creelman Ruth Rose |
Intérpretes | Fay Wray Robert Armstrong Bruce Cabot Frank Reicher Sam Hardy Noble Johnson Steve Clemente James Flavin |
Música | Max Steiner |
Director de Fotografía | Edward Linden J.O. Taylor Vernon L. Walker |
Montaxe | Ted Cheesman |
Distribuidor | |
Ano | 1933 |
Duración | 100 minutos |
País | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | |
Filme anterior | |
Filme seguinte | |
Ficha en IMDb |
King Kong (1933) é o título dun filme clásico de aventuras, que trata sobre a aparición dun simio xigante nunha illa perdida.
Índice |
[editar] Resumo
Un equipo de cinema levanta áncora rumbo a unha illa ignota (Skull Island) na busca dun misterioso ser chamado Kong. Na illa descobren unha civilización perdida que rapta á atractiva Ann Darrow, a actriz protagonista, para ofrecela en sacrificio ritual a Kong, que resulta ser un xigantesco gorila.
Kong adquire unha estraña atracción por Ann e deféndea do ataque de dinosauros e outros animais prehistóricos antes de ser reducido pola expedición. Inmediatamente decidirase transportar ó abraiante simio a Nova York, para ser exhibido publicamente. O contacto de King Kong cun mundo que non é o seu e o amor que sente por Ann son o motor de grande parte do filme.
[editar] Equipo
Dirixida por Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack, contou coa inestimable colaboración do experto en efectos especiais Willis O'Brien (mestre e precursor de Ray Harryhausen, o "mago" das animacións nas producións da Hammer británica).
[editar] Outros datos
Argumento: Merian C. Cooper, Edgar Wallace Dirección artística: Carroll Clark, Alfred Herman
[editar] Intérpretes
A actriz protagonista foi a canadiana Fay Wray, quen alcanzou o éxito en 1928 con "The wedding march", dirixida polo austríaco Erich Von Stroheim.
[editar] Notas
En certa medida é debedora da situación económica e social xerada polo crack da Bolsa en outubro de 1929.
John Guillermin realizou no seu momento un remake, de escaso éxito.
O cineasta Peter Jackson realizou un exitoso remake, cun estilo visual moi propio do director e con máis acción e aventuras que a versión de 1933.
[editar] Ligazóns externas
- King Kong (Peter Jackson 2005) (castelán)
- King Kong (Merian C. Cooper / Ernest B. Schoedsack. 1933) en www.trendesombras.com (castelán)
- King Kong (Peter Jackson, 2005) en www.trendesombras.com (castelán)