Kas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kas é unha bebida carbonatada (refresco) con sabores de laranxa, limón e mazá.
Empezouse a comercializar en Vitoria-Gasteiz, Álava (País Vasco), no ano 1956. Anteriormente comercializábase co nome Zume de Laranxa "El As"[Cómpre referencia], pero os seus donos, a familia Knörr, decide incorporar a esta marca a K inicial do seu apelido. Curiosamente, ademais, a palabra kas significa gas en éuscaro.
Actualmente pertence a Compañía de bebidas PepsiCo, filial española de PepsiCo, que comprou a empresa matriz de Kas no ano 1992.