See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Kalandraka - Wikipedia

Kalandraka

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Kalandraka é unha editorial pontevedresa especializada na edición de libros infantís. Naceu no ano 1998, baixo a inspiración dun grupo de persoas ligadas ao mundo do ensino e da literatura infantil nas súas vertentes de animadores, autores, ou difusores.

Iniciouse con dúas coleccións:

  • Demademora pretendía recoller a obra dos escritores e autores actuais.
  • Os Contos do Trasno Comodín acollía as adaptacións dos contos clásicos ou a versión dos contos populares de diferentes culturas.

Ao longo destes anos foi diversificando a súa produción con novas coleccións:

  • Tras os Montes, para recoller obras xa publicadas no estranxeiro,
  • Seteleguas e Tiramillas, para lectores de entre 8 e 10 anos, e 10 a 12, respectivamente.

Pouco despois da súa fundación ábrense ao mercado en castelán, éuscaro, catalán e portugués. Foi a primeira editorial galega que tentou a introdución nas áreas de lingua non galega.

Moitos ilustradores iniciaron nesta editorial a súa andaina polo mundo da literatura infantil e pouco tempo tardaron en chegar os recoñecementos en forma de Premios Nacionais:

  • Óscar Villán con O coelliño branco foi Premio Nacional de Ilustración no ano 1999.
  • Federico Fernández no 2001 con Onde perdeu Lúa a risa?.
  • Artefactes, recibiu o premio ó libro mellor editado do ano 2003.
  • Pancho 2º Premio Nacional de Ilustración no ano 2003.
  • Un lugar en el bosque foi Premio Nacional de Literatura infantil no Uruguai no ano 2004.
  • Smara foi Premio Isaac Díaz Pardo ao libro mellor ilustrado do ano 2006.
  • Pucho o habitador dos tellados recibiu o Premio Nacional de Edición no ano 2007.
  • A estes habería que engadir outros premios como o Llibreter, Daniel Gil, en varias edicións ou o Junceda.

A filosofía desta editorial está definida pola importancia que lle dá á ilustración e o coidado que pon na impresión e na edición das súas obras.

Moitos dos seus libros foron traducidos a outras linguas (xaponés, coreano, grego ou hebreo entre outros).

[editar] Ligazóns Externas

www.kalandraka.com (en galego)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -