See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Juan José Valle - Wikipedia

Juan José Valle

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Tenente Xeneral post mortem Juan José Valle (n. Bos Aires 1896 - 12 de xullo de 1956, Bos Aires) foi un militar arxentino que en 1956 encabezou unha errada sublevación cívico-militar contra o goberno militar dirixido polo xeneral Pedro Eugenio Aramburu, autodenominado Revolución Libertadora. Derrotado o movemento Valle foi fusilado por orde de Aramburu, xunto a outros insurrectos. Por este acto algúns sectores denominaron a aquel goberno militar como "a Fusiladora".

Índice

[editar] Biografía

Casado cunha patricia porteña Dora Cristina Prieto, tiveron unha soa filla Susana Cristina (1936-2006). Foi enxeñeiro militar aos 22 anos. A súa capacidade profesional e intelixencia permitiulle desenvolver a súa carreira militar nos máis prestixiosos destinos.

Foi destinado ao Colexio Militar como xefe de sección e comandante da Compañía de Enxeñeiros Zapadores Pontoneros. A súa intelixencia e contracción ao estudo motivaron que fose profesor da Escola Superior Técnica.

Foi membro da Comisión de Adquisicións no exterior, en París, Francia, tempo que aproveitou para continuar a mellorar a súa formación profesional.

As súas sobresaintes aptitudes profesionais levárono a ser nomeado xefe do Batallón 4 de Zapadores Pontoneros en Concepción do Uruguai, e subdirector da Escola de Zapadores, a mesma que a partir de 2006 leva o seu nome, inspector de Enxeñeiros e director xeral de Enxeñeiros ata a finalización da súa carreira coa revolución de setembro de 1955.

[editar] Golpe militar de 1955, "revolución libertadora"

O 16 de setembro de 1955 comezou unha 2ª insurrección militar contra o goberno de iure do Presidente Juan Domingo Perón que obtén o triunfo o 23 dese mesmo mes. O poder foi asumido por un goberno militar dirixido inicialmente polo Xeneral Eduardo Lonardi, removido pouco despois polo Xeneral Pedro Eugenio Aramburu quen asumiu o poder o 13 de novembro de 1955. Como parte da política de ilegalización do peronismo, o goberno militar deu de baixa ao Xeneral Juan José Valle.

[editar] Levantamento de 1956

Na noite do 9 de xuño de 1956 comezou unha insurrección cívico-militar peronista comandada polo xeneral Juan José Valle. O movemento despregouse en varias partes do país, pero foi rapidamente desbaratado, sen que se producisen vítimas.

O goberno militar decidiu efectuar un castigo exemplificante e completamente inusual para a historia Arxentina no século XX dispondo o fusilamento dos sublevados. Entre o 9 e o 12 de xuño de 1956 27 civís e militares foron fusilados, algúns deles en fusilamentos clandestinos realizados en José León Suárez, antes da orde de lei marcial, relatados nun clásico libro de Rodolfo Walsh titulado Operación Masacre.

Juan José Valle foi fusilado o 12 de xuño de 1956 na Penitenciaría Nacional da Cidade de Bos Aires, actual parque Las Heras (Coronel Dorrego y las Heras) onde se atopa unha placa colocada na súa memoria e a dos demais fusilados.

[editar] Escola de Enxeñeiros do Exército Arxentino

O 12 de xuño de 2006 en homenaxe a Valle impúsoxelle o nome histórico de "Tte. Grl. Juan José Valle" á Escola de Enxeñeiros.[1]

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

Ferla, Salvador (1972), Mártires y verdugos, Revelación:Buenos Aires. [1] fragmento consultado o 1/10/2006.

[editar] Outros artigos

Wikisource logo
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:

[editar] Ligazons externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -