See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Joseph Kittinger - Wikipedia

Joseph Kittinger

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Joseph W. Kittinger II
Joseph W. Kittinger II

Joseph William Kittinger II (nacido o 27 de xullo de 1928) é un antigo aviador e oficial da Forza Aérea dos Estados Unidos. É famoso pola súa participación no Proxecto Manhigh e o Proxecto Excelsior e tamén por ser o primeiro home en cruzar en solitario o Océano Atlántico nun globo de gas.

Índice

[editar] Mocidade e carreira militar

Kittinger naceu en Tampa (Florida), formouse no Bolles School en Jacksonville e na Universidade de Florida. Tras participar en carreiras de lanchas motoras sendo adolescente e posteriormente completar o seu adestramento en aviación, uniuse á USAF en marzo de 1950. Foi asignado á 86ª Á de Cazabombarderos con base en Ramstein na Alemaña Occidental.

En 1954 foi transferido á base aérea de Holloman en Novo México e ao Centro de Desenvolvemento de Mísiles da Forza Aérea (AFMDC). Kittinger voou nun avión de observación para seguir o trineo foguete do coronel John Stapp, que en 1955 alcanzou 1.017 km/h. En 1957, como parte do proxecto Manhigh, alcanzou unha nova marca de altitude en 29.500 m e recibiu a Cruz de Voo Distinguido.

[editar] Proxecto Excelsior

Salto de Kittinger desde a góndola do Excelsior III
Salto de Kittinger desde a góndola do Excelsior III

Como capitán, Kittinger foi asignado aos Laboratios de Investigación Médica Aeroespacial na base aérea de Wright-Patterson en Dayton (Ohio). Para o Proxecto Excelsior, como parte da investigación de saltos a grandes altitudes, realizou unha serie de tres saltos en paracaídas, levando un traxe presurizado, desde un globo de helio cunha góndola aberta.

O primeiro salto realizouse en novembro de 1959 desde 23.287 m (76.400 pés). O saltou case acaba en traxedia debido a fallos no equipo, o que lle causou a perda da consciencia, pero o paracaídas automático salvoulle. Tres semanas máis tarde saltou de novo desde 22.769 m (74.700 pés).

O 16 de agosto de 1960, Kittinger realizou o seu último salto desde o Excelsior III a 31.300 m (102.800 pés). Durante unha caída libre de 4 minutos e 36 segundos alcanzou unha velocidade máxima de 988 km/h antes de abrir o seu paracaídas a 5.500 m de altitude. A presurización da súa luva dereita fallou durante o ascenso que lle provocou unha hinchazón. Kittinger conseguiu as marcas de maior ascenso en globo, salto en paracaídas de maior altitude, caída libre máis longa e maior velocidade dun home na atmosfera.Joseph W. Kittinger, Jr., Col (Ret), USAF (en inglés)

Polos saltos, Kittinger recibiu unha condecoración de Folla de Carballo á súa Cruz de Voo Distinguido e o premio Harmon Trophy por parte do presidente Eisenhower.

[editar] Carreira posterior

De regreso á base Holloman, Kittinger formou parte do Proxecto Stargazer, os días 13 e 14 de decembro de 1962. Kittinger e o astrónomo William C. White, subiron nun globo a 25.055 m (82.200 pés) e realizaron observacións durante máis de dezaoito horas.

Posteriormente, realizou tres períodos de servizo durante a Guerra de Vietnam, realizando un total de 483 misións, as dúas primeiras veces como comandante dos avións A-26 Invader. Na terceira vez, como voluntario entre 1971 e 1972, foi comandante dos F-4 Phantom do 555º Escuadrón Táctico de Cazas e logo converteuse no vicecomandante da 432ª Á de Recoñecemento Táctico. Kittinger foi derrubado durante un encontro cun MiG o 11 de maio de 1972 e estivo como prisioneiro de guerra durante once meses na prisión de Hoa Loa (máis coñecida como Hanoi Hilton).

En 1978 retirouse como coronel e comezou a traballar para Martin Marietta. O seu interese no voo en globo continuou, gañando a Copa Gordon Bennett en tres ocasións (1982, 1984 e 1985) e completando a primeira viaxe en solitario sobre o Atlántico desde o 14 ao 18 de setembro de 1984. En 1961, Kittinger escribiu un libro titulado The Long, Lonely Leap. En 1997, Kittinger entrou no Salón da Fama da Aviación Nacional en Dayton.[1] Kittinger vive na zona de Orlando e é vicepresidente de operacións de voo para Rosie Ou'Grady's Flying Circus.

[editar] Referencias e bibliografía

[editar] Enlaces externos

[editar] Datos das misions


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -