Jean-Jacques Annaud
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jean-Jacques Annaud, (Juvisy-sur-Orge (Essonne, Francia, 1 de outubro de 1943), é un director de cine.
[editar] Biografía
Tras cursar estudios no Institut des hautes études cinématographiques, iniciouse no mundo do cine coa publicidade.
Obtivo o Oscar á mellor película estranxeira en 1976 coa súa primeira longametraxe, (La Victoire en chantant). Encargóuselle entón a dirección de Coup de tête, escrita por Francis Veber e interpretada por Patrick Dewaere.
Adicouse a proxectos moi caros e ambiciosos, como La guerre du feu, (1981) e L'Ours (1988) nos que demostra mestría técnica.
A súa consagración comercial acadouna coa adaptación da novela de Umberto Eco Il nome della Rosa, película que combina acertadamente problemas filosóficos e morais co suspense. Contou cun elenco de luxo: Sean Connery, Christian Slater e F. Murray Abraham. Este éxito permitiulle abordar a superproducción erótica L'Amant (1992), adaptación do libro de Marguerite Duras.
A súa última película é unha superproducción europea rodada no 2006: Sa Majesté Minor, con exteriores rodados nas oliveiras de Benigembla, e na cala do Poble Nou de Benitatxell, na comarca da Marina Alta da Comunidade Valenciana.
Malia non ser sempre ben tratado pola prensa, Annaud ten fama de perfeccionista e de técnico destacado, encargándose de revisar persoalmente todas e cada unha das etapas de elaboración das películas e mesmo a súa adaptación ó DVD.
[editar] Filmografía
- La Victoire en chantant, (1976, relanzada en 1977 como Noirs et Blancs en couleurs)
- Coup de tête (1979)
- La Guerre du feu (1981)
- Der name der Rose (1986)
- L' Ours (1988)
- L'Amant (1992)
- Les Ailes du courage (1995, primeira película de ficción en utilizar o procedemento IMAX)
- Sept Ans au Tibet (1997)
- Stalingrad (2000)
- Deux Frères (2004)
- Sa Majesté Minor (2007)