Jaroslav Seifert
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jaroslav Seifert (Praga, 1901 – ?, 1986). Poeta e xornalista checo, recibeu o Premio Nobel de Literatura no 1984 por unha produción poética que, dotada de gran frescura, sensualidade e variada imaxinación, suministra unha imaxe liberada do espíritu indomable e a versatilidade do home.
Naceu nun barrio residencial de Praga o 23 de setembro do 1901 no seo dunha familia de clase obreira. Non chegou a rematar os seus estudios e comezou a dedicarse á poesía e ó xornalismo. No 1921 pulica a súa primeira colección de poemas, A cidade en chamas.
Foi membro fundador do grupo vanguardista Devestil e do Partido Comunista Checoslovaco con que rompe relacións no 1929.
Entre 1968 e 1970 asumeu a dirección da Unión de Escritores Checos.
No 1985 publicou as suás memorias (Toda a beleza do mundo).
Morreu o 10 de xaneiro do 1986.
Entre as súas obras máis importantes destacan:
- Os brazos de Venus, 1936
- Vestida de luz, 1940
- Nai, 1954
- Concerto sobre a illa, 1965
- O bico de despedida, 1965
- O anel da madona de Trebon, 1966
- Cantos sobre Praga, 1968
- Paraugas en Picadilly, 1979
[editar] Referencias
Nobel Lectures, Literature 1981-1990, Editor-in-Charge Tore Frängsmyr, Editor Sture Allén, World Scientific Publishing Co., Singapore, 1993(en inglés)
[editar] Ligazóns externas
Páxina Oficial dos Premios Nobel: Jaroslav Seifert (en inglés)