Jane Colden
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jane Colden (1724-1766) foi unha botánica botánica norteamericana.
Naceu o 27 de marzo de 1724 en Coldenghan, Nova York (EEUU), segunda de dez irmáns fillos dun médico escocés que tamén se adicou á política. Tras recibir unha educación esmerada da man da súa nai e logo do su pai, chegou a ser un dos botánicos máis famosos da época. Estudou a clasificación de Linneo, que o seu pai traducira do latín ó inglés, e descubriu e clasificou gran número de plantas de Nova Inglaterra, particularmente do val do río Hudson. Fíxoo de xeito autónomo, pois embarcarse soa nunha expedición con homes non estaba ó alcance das mulleres naquel entón, se ben parece evidente que tivo enxeño para obter a colaboración doutras persoas, amigos e coñecidos. Mantivo correspondencia con botánicos como John e William Bartram nas colonias americanas, e Alexander Garden, John Ellis, e outros, en Inglaterra, o que lle permitiu estar ó tanto da actualidade no campo da botánica. Detallou un catálogo ('Botanic Manuscript') con máis de 400 especies de plantas locais que se conserva na actualidade na British Library, e descubriu a gardenia e un tipo de trepadora, aínda que non se lle atribúen normalmente ó seren tamén descubertas de xeito independente por homes nas mesmas datas. Casou ós 35 anos cun médico, Willian Farquhar, e parece ter abandonado a botánica a partir de entón. Morreu o 10 de marzo de 1766, tras dar a luz a un pequeno que tamén morreu.
O seu traballo foi eloxiado por Alexander Garden como 'extremamente preciso'.