See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ivan Illich - Wikipedia

Ivan Illich

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ivan Illich
Ivan Illich

Ivan Illich, nado en Viena en Austria o 4 de setembro de 1926 e falecido o 2 de decembro de 2002 en Bremen na Alemaña, foi un pensador da ecoloxía política e unha figura importante da crítica da sociedade industrial.

Índice

[editar] Biografía

Seu pai, Piero, procedía dunha familia posuidora de terras (viñas e oliveiras) en Dalmacia, perto da cidade de Split en Croacia. Súa mai, Ellen, descendía dunha familia xudeo-alemana convertida.

Fritz Regenstrief, seu avó materno, fixera fortuna coa venta de madeira en Bosnia-Hercegovina e construíu una quinta, de estilo art nouveau, nos arredores de Viena, Austria.

Durante a década de 1930, a xenofobia e o antisemitismo medraron na Iugoslavia. O goberno perseguíu a Fritz Regenstrief perante a Corte permanente international de xustiza da Haia. En 1932, Ellen abandonou Split e pasou a se refuxiar na quinta de seu pai en Viena, xunto cos seus tres fillos. Non voltaron ver a Piero máis, que morreu no trancurso da Segunda Guerra mundial. En 1942, Ellen deixou Austria a causa das leis antisemitas. Mentres os nazis se apoderaron da quinta familiar.

Ivan Illich seguíu a súa educación en Florencia, onde xogou un modesto rol na resistencia italiana. Logo da guerra estudou teoloxía e filosofía na Universidade Gregoriana de Roma. O Vaticano destinouno á diplomacia, mais Illich escolleu a vida pastoral. Dixo a súa primeira misa nas catacumbas, nas que aínda os cristiáns romanos se refuxiaban das persecucións.

Procedente dunha familia aristocrática con antigas ligazóns coa Igrexa católica romana, estaba destinado a tornarse un príncipe desa Igrexa. Giovanni Montini, que posteriormente se tornou o papa Paulo VI, estivo entre os que lle recomendaron que quedase en Roma.

Mais en 1951, marchou para os Estados Unidos coa idea de estudar os traballos de alquimia de Alberto Magno en Princeton. Intrigado polos portorriqueños e a súa fonda fe católica, solicitoulle ao cardeal Francis Spellman un posto nalgunha freguesía portorriqueña de New York. Converteuse axiña, entre 1956 e 1960, en vicerrector da Universidade católica de Porto Rico, onde contribuíu a crear un centro de formación destinado a educar os sacerdotes na cultura latinoamericana.

Chocáronlle dúas cousas na universidade: dunha banda a sorprendente semellanza entre a Igrexa e institución escolar; por outra banda, a extraña diferencia entre os obxectivos declarados da educación e os seus resultados. Esta última institución pretendía reducir as desigualdades sociais, mais contribuía a acentualas, ao concentraren os privilexiados nas mans daqueles que posuían medios suficientes para responder ao reto. Esta reflexión desembocará en 1971 no libro Deschooling Society (A sociedade desescolarizada).

Abandonou Puerto Rico en 1960, logo de diferencias coa hierarquía eclesial, designadamente con dous bispos que se inmiscuían na vida política opóndose a calquer candidato que desexara legalizar os preservativos. Para Illich entre a bomba atómica e os preservativos, a Igrexa erra de blanco.

En 1961, fundou o Centro para a formación intercultural en Cuernavaca, México, que se converterá no sonado CIDOC (Center for Intercultural Documentation). Este centro funcionou entre 1966 e 1976. Logo da súa clausura, Illich voltou a vivir en Europa, e ensinará, nomeadamente historia da Alta Idade Media, en Bremen, en Alemaña.

Faleceu no ano 2002, a consecuencia dun tumor, que decidira voluntariamente asumir até o final, e ao que resistíu 20 anos.

[editar] Teorías

[editar] Monopolio radical

Inventor do conceito de monopolio radical (cando un medio técnico é ou parece demasiado eficaz, crea un monopolio e impide o acceso de medios máis lentos, como, p.ex., as autoestradas confrontadas coa marcha a pé): "Cando unha industria se abroga o dereito de satisfacer, soa, unha necesidade elemental, até ir máis aló dun obxecto de resposta individual, produce un tal monopolio. O consumo obrigatorio dun ben que consome moita enerxía (o transporte motorizado) restrinxe as condicións de desfroite dun valor de uso sobreabundante (a capacidade innata de tránsito)."(Ivan Illich, Enerxía e equidade, 1975)

[editar] Contraproductividade

A principal noción illichiana é o conceito de contraproductividade, que descrebe un fenómeno embazoso : cando acadan un estadio crítico (e están en situación de monopolio), as grandes institucións das nosas modernas sociedades industriais, eríxense ásw veces sen decatarse en obstáculos para o seu proprio funcionamento: a medicina dana a saúde (eliminando a enfermidade ás veces enprexuízo da saúde do paciente), os transportes e a velocidade fan perder o tempo, a escola embrutece, as comunicacións tórnanse tan densas e invasoras que ninguén escoita ou non pode facerse escoitar, etc.

Pensador da ecoloxía política, loitou contra o sistema automobilístico e contra todos os medios de transporte demasiado rápidos que xulgaba alienantes e ilusorios. Por exemplo, calculou que tendo conta dos tempos medios pasados en traballar para adquirir un automóbil e facer fronte aos gastos que aparella, e non só o tempo pasado en conducir, a velocidade do tal bólido era de 6 km/h. En efecto, un norteamericano consagraba en media, durante os anos 1970, 1600 horas por ano para o seu vehículo e non percorría máis de 10.000 km durante o ano [1]. Illich estaba tamén en contra dos nosos sistemas de saúde e de escola obrigatoria, que consideraba como útiles non-convivenciais.

[editar] A convivencialidade

Traballou en crear vías cara outras posibilidades, que se explican, segundo el, por un retorno aos útiles non-convivenciais, que opuña ás máquinas. O útil acepta varios usos, ás veces alonxados do seu sentido orixinal, e que son a expresión libre do que os utiliza. Cunha máquina o home vóltase servidor, o seu papel se limita, en adiante, a facer funcionar unha máquina construída cunha finalidade precisa.

Pode haber unha proximidade entre a idea da convivencialidade de Illich coa relación autonomía e heteronomía ligada aos valores de uso e de cambio marxistas e á idea de unión-co-mundo de Erich Fromm.

Pode considerárselle, xunto co seu amigo Jacques Ellul, como un dos principais inspiradores dos conceitos de « post-desenvolvemento » (difundido por autores que traballaran con Illich, tales Majid Rahnema ou Gustavo Esteva), de « simplicidade voluntaria » e máis recentemente de « crecemento sustentábel ».

[editar] Orixe do mundo moderno

No libro River north of the future : the testament of Ivan Illich as told to David Caryley, Illich relata unha visión particular da historia. Para el, as institucións actuais que se postulan universais e estabelecen un monopolio radical son herdeiras do catolicismo.

A propósito da escola : « Cada pobo ten as súas danzas da choiva e os seus ritos de iniciación, mais nunca un rito que reclame a súa validez universal, un procedemento que se presente a si mesmo como destino inevitábel para todo o mundo e en todos os países ». A escola tornouse, consonte Illich, nunha relixión universal, e en tanto que tal, testemuña a súa herdanza da primeira institución que declarou os seus servicios e os seus ministerios como a única vía para a saúde: a Igrexa católica romana.

Para Illich, segundo o adaxio corruptio optimi quae est pessima (« a corrupción do mellor convértese no pior »), o mundo moderno non é nen o cumprimento do cristianismo, nen a súa negación, senón antetodo a súa perversión. As novas liberdades que Xesús nos trouxo fixeron posíbeles os novos excesos. Ao libertaren o home de antigas tradicións e de costumes étnicos (liberdade manifestada, segundo Illich, na parábola do samaritano, que transgrede as convencións para axudar e escoller o seu próximo), o home perde igualmente os coutalumes que aqueles podían representar.

[editar] Obras

En inglês:


Traducións ao castelán:

[editar] Bibliografía

  • David Cayley, Entretiens avec Ivan Illich, Bellarmin, Saint-Laurent, Québec, 1996.
  • Gabbard, D. A., Silencing Ivan Illich : A Foucauldian Analysis of Intellectual Exclusion. New York: Austin & Winfield, 1993 ISBN-10: 1880921170

[editar] Ver tamén

  • Ecoloxía política
  • Anarquismo cristián
  • Jacques Ellul
  • Postdesenvolvemento
  • Útil convivencial
  • Tolstoi

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -