Iura novit curia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Iura novit curia é unha aforismo latino, que significa literalmente "o xuíz coñece o dereito", utilizado en dereito para referirse ao principio de dereito procesal segundo o cal o xuíz coñece o dereito aplicable e, xa que logo, non é necesario que as partes proben nun litixio o que din as normas.
O principio, que se remonta ao dereito romano, serve para que as partes limítense a probar os feitos, e non os fundamentos de dereito aplicables. O xuíz debe someterse ao probado en canto aos feitos, pero pode ampararse nese principio para aplicar un dereito distinto do invocado polas partes á hora de argumentar a causa..