Inocencio V, papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Papa do século XII ó século XIII |
|
---|---|
|
|
Papas do século XIII |
|
|
|
Papa do século XIII ó século XIV |
|
|
|
Antipapa/s |
|
|
Pierre de Tarentaise (circa 1225, Champagny, Savoia – 22 de xuño de 1276, Roma), eleito papa o 21 de xaneiro de 1276, co nome de Inocencio V.
Orixinario dunha pequena aldea de Tarentaise (aínda que para xentes do Val de Aosta, procedía do lugar de Ecours, na comuna de La Salle), ingresou na orde dominica á idade de 16 anos. Estudiou Teoloxía na Sorbonne, onde sería moi logo profesor. A súa fama foi tal que sería coñecido como o « doctor famosissimus » (« o máis célebre dos doutores »).
Logo de ocupar o cargo de provincial, foi designado, en 1272, arcebispo de Lyon e, posteriormente, primado da Galia. En 1273, foi promovido ao rango de cardeal-bispo de Ostia, cerca de Roma. Xogou un grande papel no IIº concilio de Lyon, pronunciando o sermón fúnebre por San Boaventura.
O 21 de xaneiro de 1276, despois da morte de Gregorio X, foi elixido papa, tomando o nome de Inocencio V. Morreu cinco anos máis tarde. Deixou varios tratados de Teoloxía e de Dereito canónico, sendo de salientar o Comentario ás Sentencias de Pedro Lombardo (1652), e máis catro tratados filosóficos: De unitate formæ, De materia cæli, De æternitate mundi, De intellectu et voluntate. Foi beatificado polo papa León XIII no ano 1898.
É o « Concionator Gallus » da profecía de San Malaquías.