Indulxencia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Indulxencia, na doutrina católica, é a remisión da pena temporal correspondente a pecados que foron perdoados, outorgada pola Igrexa a quen cumpra certas condicións. A diferenza do sacramento da reconciliación, a indulxencia non perdoa pecados senón que exime de penas de carácter espiritual que doutro xeito os fieis purgarían logo da morte. A indulxencia non é un sacramento e pode ser concedida polo Papa, os bispos e cardeais, a quene, por exemplo, recen determinada oración, visiten determinado santuario, empreguen certos obxectos de culto, etc.
Os abusos e tráfico de indulxencias foron un dos motivos polos cales Lutero enfrentóuse coa Igrexa Católica.