Illa de Santa María
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A illa de Santa Maria foi a primeira illa oficialmente descuberta do arquipélago das Azores. Tamén foi a primeira en ser poboada. Foi descuberta por Diogo de Silves nunha viaxe de regreso desde Madeira no ano 1427.
A illa ten unha superficie de 97.5 km² e unha poboación de 6.500 habitantes. A capital da illa, Vila do Porto é a máis antiga das vilas das Azores e aínda se poden atopar vestixios de casa antigas, que supostamente pertenceron ao seu primeiro capitán, con fiestras do século XV.
Santa Maria, é a única das illas do arquipélago con grandes proporcións de terras sedimentarias onde se poden atopar fósiles mariños.
[editar] Sitios de Interese
Almageiras:: ao sur de Vila do Porto. debe o seu nome á bahia Almageiras. É un dos Sitios máis agradables das Azores.
Pico Alto:: é a maior cota e Santa Maria, cunha altura de 567 m.