Iago Bouzón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Iago Bouzón Amoedo é un futbolista, nacido en Redondela o 16 de xuño de 1983. É un xogador rápido e cun gran dominio do xogo aéreo. Malia que a súa posición natural é a de defensa central, desenvólvese tamén como lateral destro. Mide 1,83 m e pesa ao redor de 75 kg.
Pertencente á canteira do Celta de Vigo. Iago Bouzón xogou co Celta B nas tempadas 2001-02, 2002-03 e 2003-04, cando ascendeu ao primeiro equipo. Co Celta xogou en primeira división dous partidos nesa mesma tempada: debutou no estadio de Montjuïc e á xornada seguinte xogou en Balaídos contra o Alavés. Na seguinte tempada, xa co equipo en segunda división, desputou sete encontros.
Na tempada 2005-06 xogou cedido no Recreativo de Huelva, onde participou en 24 encontros, en 20 deles como titular. O clube onubense demostrou o seu interese por renovarlle ao xogador e o 19 de agosto de 2006 o Celta e o Recreativo asinaron un acordo de traspaso por catro anos, gardando o Celta a posibilidade de recompra ao segundo.
O 29 de decembro de 2005 Iago Bouzón desputou o partido Galiza-Uruguai que supuxo a recuperación da selección galega de fútbol.
[editar] Palmarés
Participou no campionato de Europa de seleccións sub-15 en Israel. Máis tarde obtivo coa selección española a Copa Meridian de seleccións sub-17, desputada en Bari do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2001, e que enfrontou seleccións europeas e africanas. Foi subcampión do mundo sub-20 coa selección española, no mundial desputado en Arabia Saudí. Tamén foi internacional sub-21 con España.