See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Iñaki Gabilondo - Wikipedia

Iñaki Gabilondo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Iñaki Gabilondo é un xornalista español nado en San Sebastián o 19 de decembro de 1942.

Índice

[editar] Introdución

Xornalista de gran prestixio, a súa carreira estivo estreitamente ligada á radio, concretamente á Cadena SER, onde conduciu con grande éxito durante case vinte anos (entre 1986 e 2005) o espazo matinal Hoy por hoy. Tamén ten traballado en televisión, un medio que retomou en 2005, tras anos afastado dela, para presentar os informativos de Cuatro, á fronte dos cales continúa na actualidade.

[editar] Traxectoria profesional

Gabilondo é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Navarra

Inicia a súa carreira na radio con 21 anos. Este primeiro traballo sería en 1963, en Radio Popular (COPE) na súa cidade natal, San Sebastián. Con 27 anos dirixe esta emisora, ata que en 1969 pasa a dirixir Radio San Sebastián da Cadena SER. Dous anos despois foio nomeado director da Cadena SER en Sevilla, e de aí pasou a converterse en director de informativos nesa cidade.

Sete anos máis tarde, en 1978 incorporose ós servizos informativos da Cadena SER en Madrid para dirixir Hora 25 e en 1980 comezaba a ostentar o cargo de director dos Servizos Informativos da Cadena SER.

Pouco despois pasaría a ser director de informativos de TVE, estreándose en antena durante o 23-F, na investidura de Calvo Sotelo, situación excepcional que forzou a súa primeira aparición ante as cámaras de televisión e lle obrigou a asumir a responsabilidade de presentar durante un mes o Telediario da noite, nas circunstancias máis difíciles para a que era daquela a nacente democracia española e os comezod do exercicio libre do xornalismo. As tensións políticas e a debilidade do Goberno de Calvo Sotelo obrigaron á súa saída de TVE, así coma á do director xeral. Tralo seu paso pola televisión pública foi director xeral de Radio Televisión 16.

En 1983 abandona o seu cargo en Radio 16 para volver á Cadena SER, onde sería director e presentador de Aquí la SER, Matinal SER, Pido la Palabra e Onda Media.

O 22 de setembro de 1986, comezaban as emisións do que sería o programa máis relevante na súa carreira profesional e o máis escoitado de toda a historia da radio española: Hoy por Hoy. Baixo a súa dirección, este espazo converteuse no programa de radio por excelencia en España, batendo tódolos récords de audiencia. Durante os primeiros anos, mantivo unha competencia directa co programa Protagonistas, conducido por Luis del Olmo. Sen embargo, a partir da terceira vaga do EGM en 1995 Hoy por Hoy foi o programa máis escoitado de xeito claro e indiscutible da radio en España, como constatou o propio Estudo Xeral de Medios durante máis de trinta vagas consecutivas.

O seu traballo en radio non significou que aparcara por completo as súas intervencións televisivas; así estivo á fronte de programa coma En familia (TVE, 1987 a 1989),Iñaki, los jueves (1990), Gente de primera (1993) en TVE ou Entrevista con. En 1996 rncargouse das entrevistas en Telecinco do informativo de Luis Mariñas.

Ademais do anterior, oi o encargado durante todos estes anos de traballo na SER de facerse cargo do especial da emisora con moitov de cada eleccións que se celebraban no país, tanto a nivel nacional coma autonómico. Tamén durante este período presentou varios anos consecutivos a gala dos Premios Ondas xunto con Gemma Nierga, outra das xornalistas máis representativas da Cadena SER.

En 2005 publicou o libro Testigo de la Historia, selección das súas entrevistas máis interesantes. Gabilondo entrevistou a tódolos presidentes do goberno; líderes políticos de tódolos partidos; personalidades internacionales, escritores, investigadores, actores, directores de cine, cantantes e tódolos protagonistas da actualidad.

O 30 de agosto de 2005 a Cadena SER anunciaba por sorpresa que Iñaki deixaba a dirección de Hoy por Hoy para pasar e ser o presentador do informativo estrela do novo canal xeneralista español, Cuatro, que iniciou emisións a comezos de novembro do mesmo 2005. Gabilondo foi substituído á fronte do programa que conducira durante case vinte anos polo xornalista Carles Francino e desde aquela presenta o informativo de Noticias Cuatro de luns a venres ás 21:00, primeiro en solitario e desde setembro de 2006 en compañía de Silvia Intxaurrondo. En 2006, ademais compartiu a condución do programa Cuatro x Cuatro con Àngels Barceló, Carles Francino e Jon Sistiaga.

[editar] Premios

Recibiu multitude de premios e recoñecementos á súa labor xornalística, caracterizada pola defensa da liberdade e da democracia, e convertiuse nun referente do xornalismo español, fiel ó seu estilo durante toda a súa carreira. Ademais de estar nominado en varias ocasións ós premios TP de Ouro e ó da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión ó mellor presentador, ten no seu haber un total de seis Premios Ondas.

É colexiado de honra do Colegio de Periodistas de Cataluña e Meridiana poal súa labor en favor da muller. As sondaxes do Instituto Gallup situárono no primeiro posto no ránking de Credibilidade de Xornalistas. PR Noticias recoñeceuno como o xornalista máis influínte.

A todo isto hai que engadir, entre outros, os seguintes recoñecementos:

  • Premio Ortega y Gasset de Radio 1990.
  • 6 Premios ondas (el último al mejor programa de difusión nacional por Hoy por Hoy)
  • Medalla de Oro de Gandhi (máxima distinción da UNESCO a favor da Paz e a non violencia).
  • Cruz de Sant Jordi, concedida pola Generalidad de Cataluña en recoñecemento ó seu traballo.
  • Medalla de Ouro de Guipúzcoa, outorgada pola Deputación de Guipúzcoa.
  • Medalla de Ouro de Andalucía
  • Premio Víctor de la Serna ó mellor periodista do ano 1996/97 concedido pola Asociación da Prensa de Madrid
  • Premio de Periodismo da Federación de Asociacións da Prensa en 1999.
  • Premio Antena de Ouro en 2000; e Micrófono de Ouro, ambos entregados pola Federación de Asociacións de Radio e Televisión de España.
  • Premio Gonzalo de Berceo pola súa destacada traxectoria profesional.
  • Premio Cambio 16
  • Premio Turia de Periodismo
  • Premio del Club Internacional de Prensa
  • Francisco Cerecedo de Periodismo, concedido en 2003 pola Asociación de Periodistas Europeos por ser “o expoñente máximo do xornalismo libre”.
  • Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (2006).

[editar] Vida persoal

Está casado con Lola Carretero, xornalista especializada en moda que colaborou algún tempo en Hoy por Hoy. Un irmán seu, Ángel Gabilondo é reitor da Univerdidade Autónoma de Madrid e é tío da actriz Estíbaliz Gabilondo.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -