Humidade do chan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Denomínase humidade do chan á cantidade de auga por volume de terra que hai nun terreo.
A súa medición exacta realízase gravimetricamente, pesando unha mostra de terra antes e despois do secado.
A súa medición in vivo suscita máis dificultades, sendo o TDR e a sonda de neutróns os sensores con mellores respostas.
Para terreos salinos ou moi áridos, emprégase experimentalmente o SBIB capaz de medir a humidade do chan sen que lle afecten as súas características e con maior sensibilidade en terreo árido.
Para medidas a longo prazo tamén se empregan métodos manuais como bloques de xeso.