Humberto Solleiro Rivera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Humberto Solleiro Rivera, nado en Vigo en 1896 e falecido o 30 de outubro de 1936 foi un político e sindicalista e precursor do deporte xuvenil.
Índice |
[editar] Biografía
Fillo de Manuel Solleiro Durán e Lucrecia Rivera de Oya, foi traballador dos Tranvías Eléctricos de Vigo, que dirixía o seu sogro Ricardo Mella. Pertenceu desde novo ó Consello Sindical Ferroviario da UXT. Activo sindicalista, combinou a súa militancia coa promoción do deporte. Moi integrado nos movementos sindicais e culturais da aldea de Lavadores (daquela independente de Vigo), foi presidente do Ateneo Deportivo y Cultural de Lavadores, sociedade sindicalista dedicada a difundir o deporte xuvenil. O grao de compromiso sindical levou a Lavadores a ser chamado "a Pequena Rusia".
[editar] Guerra Civil
Casado con Urania Mella Serrano, coa que tivo catro fillos (Humberto, Raúl, Alicia e Conchita), cando estourou a guerra intentou xunto a esta organizar a defensa do barrio no que ambos estaban comprometidos politica e socialmente. Ó ser superadas as defensas polo bando nacional franquista, intentaron fuxir, pero foron detidos en Redondela. Condenado a morte xunto á súa muller, foi executado sumariamente o 30 de outubro de 1936, mentras que a ela lle conmutaron a pena pola de 30 anos de prisión.