See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia urbana de Nova York - Wikipedia

Historia urbana de Nova York

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Colonia holandesa: Nova Ámsterdam

A cidade de Nova York ten os seus inicios cando os holandeses elixen a illa de Manados, Manahata, Manahtoes ou Manhattos (Manhattan), que de todas estas maneiras era coñecida polos indios da rexión, como lugar para a capital da súa colonia de Nova Holanda[1].

O primeiro paso era a construción dun forte. Lévano a cabo en 1624, na punta meridional da illa, e chamanlle Fort Amsterdam [2]. Naturalmente, o poboamento que medrou ao seu carón recibiu o nome de Nova Ámsterdam (Nieuw Amsterdam)[3]. Corría o ano 1626. [4].

Nova Ámsterdam foi deseñada segundo o modelo da súa metrópoli europea, con peirao no río do leste (East River), e canais. Tamén había muiños de vento e unha rúa máis ancha (Broadway) que levaba do forte ao norte da illa saíndo fóra da muralla (Wall Street)[5]. Así era a cidade cando foi traspasada ao poder dos ingleses en 1664[6][7].

[editar] Colonia inglesa

Inmediatamente despois de conquistada, os ingleses renoméana New York polo duque homónimo. A cidade esténdese cara o norte superando a muralla, que é derrubada ([8] Nova York en 1730).

Así se mantén sen grandes cambios ata a revolución e independencia dos Estados Unidos de América, dos que foi capital por un breve tempo ([9]Nova York en 1776).


[editar] O gran plan de 1811

Nova York en 1848
Nova York en 1848

Coa expansión da fronteira cara o oeste e a apertura do canal do Erie que abría a rexión dos Grandes Lagos en 1825, a chegada de inmigrantes vai ser progresivamente maior no século XIX, sendo a cidade o principal porto de arribada. O crecemento será espectacular. Para isto, prepárase un plano de expansión, visionario segundo algúns, pero que marcará definitivamente a forma da cidade: trátase do plan de 1807-11, una retícula superposta á illa de Manhattan conformada por once avenidas na dirección norte-sur e máis de 15O rúas (street) que corren de leste a oeste [10]. Nel, apúntase xa a idea da reserva dun espazo aberto no centro da malla que se converterá co tempo no famoso Central Park (1853-71) [11].


[editar] Unión dos cinco boroughs: Gran Nova York (1898)

Nova York desde o edificio Empire State
Nova York desde o edificio Empire State

Dende a súa chegada, os holandeses fixeron outras fundacións ademais de Nova Ámsterdam (vg. Brookland, o actual Brooklyn), de tal maneira que para a metade do XIX os arredores da illa de Manhattan estaban xa moi poboados. Fíxose necesario a súa unión mediante pontes. Foi así coma comezou a construción da Ponte de Brooklyn (1870-1883)[12], verdadeira obra colosal na súa época (a maior ponte colgante do mundo)[13][14]. Esa unión arrastrou consigo a administrativa e no 1898 creouse o Gran Nova York pola inclusión dos coñecidos cinco barrios (boroughs): Manhattan, Brooklyn e Queens en Long Island á outra beira do East River, Bronx no continente ao norte tras o pequeno Harlem River e Staten Island ao sur da baía [15]. A cidade era xa una puxante metrópole de tres millóns e medio de habitantes. De seguido comezou a construción de máis pontes que trabaran as suas partes (Williamsburg en 1903, Manhattan e Queensboro en 1909)[16][17].

Aínda que a cidade na que apareceu o rañaceos contra 1880 como tipoloxía arquitectónica sexa Chicago, Nova York é sen dúbida a "cidade dos rañaceos". De seguido construíronse na cidade, un tras outro, os edificios máis altos do mundo. A década gloriosa para o tipo foi a dos trinta coa icona por antonomasia de todos eles, o Empire State Building[18][19][20].


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -