See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia urbana de Dacca - Wikipedia

Historia urbana de Dacca

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Orixes

Os catro templos de Shiva dentro do complexo do Dhakeshwari.
Os catro templos de Shiva dentro do complexo do Dhakeshwari.

A partires do século VII da nosa era hai constancia de asentamentos no lugar, entón nos dominios do reino budista de Kamarupa. No século IX pasan ao poder da hinduísta dinastía Sena (do imperio Pala), a un de cuxos raxás, Ballal Sen, se lle atribúe a fundación do templo Dhakeshwari (século XII, posible orixe do nome da cidade) no noroeste do centro actual (cidade universitaria).

Nembargantes, era Bengalla o nome co que nese tempo identificábase a área. Tratábase duhna pequena cidade xunto ao río Buriganga (co pequeno brazo do Dulai protexendo o leste) composta de varios mercados (Lakshmi Bazar, Shankhari Bazar, Tanti Bazar), e barrios de asentamento de artesanos e negociantes (Patuatuli and Kumartuli, Bania Nagar e Goal Nagar). Nalguhnas citas fálase de 52 bazares e 53 camiños [1].

Do século XIV ao XVI estivo en poder de soberanos turcos e afganos. Estes últimos construíron un forte no oeste da cidade vella.

[editar] Capital mogola de Bengala

En 1608 o Imperio Mogol extende o seu dominio sobor Bengala, instalando a capital da rexión en Dacca que renomean coma Jahangirnagar (polo emperador Jahangir). Comeza a mellor época da historia da cidade, aquéla na que se converte nun dos centros comerciais máis importantes do sudeste asiático, fundamentalmente dos textiles do algodón. Os europeos arriban e a poboación crece ata se converter na segunda metade do século XVII nunha gran urbe (18x12 km) [2].

A expansión prodúcese sobor de todo ao longo da beira do río, establecéndose o centro comercial e institucional no oeste da cidade pre-mogol, entre o área do Forte (convertido en primeira residencia dos virreis mogoles) e o Buriganga, zona hoxe chamada Chawk Bazar. Ao norte extendíanse as zoas residenciales. Dous eixos, establecidos despois de mediado o século polo khan Mir Jumla para unir unha rede de fortes protexendo a cidade, van marcar para sempre o desenrolo de Dacca: un cara o norte ata Tonji (onde en Tejgaon situaránse todas as factorías dos europeos dando inicio a vocación industrial que inda ten o barrio), outro cara ao leste seguindo o curso do río.

Inda máis ao oeste, en tempos do emperador Aurangzeb construiráse un novo pazo-fortaleza monumental, o Forte Lalbagh (1678) [3][4].

[editar] Colonia británica

En 1717 perde a condición de capital, o que sumado a que a Compañía Británica das Indias Orientáis, a quen pasou a pertencer en 1765, elixíu Calcuta como o seu cuartel xeral, fixo que o destino da gran cidade do XVII fora o da mera supervivencia [5]. Grandes áreas quedaron despoboadas (en 1859 reducida a 5x2 km).

Somentes a partires da segunda metade do século XIX a cidade comezóu a recobrar o pulso, a lo menos no senso da modernicación das suas estructuras (auga, electricidade, pavimentación). Xa en 1825 clareouse un área no norte para un campo de carreiras (despois Parque Ramna) arrecdor do cal leváronse a cabo co tempo varios desenrolos urbanísticos da tipoloxía de cidade-xardín. A beira do río tamén foi elixida para que as elites levantaran as suas mansións, escolas, hospitales e paseos ata a chegada do ferrocarril en 1885 en que poco a pouco foise convirtindo na traseira da cidade .

Coa partición de Bengala en 1905, Lord Curzon planificou un área institucional entre a cidade histórica e o parque Ramna con edificios suntuosos á europea que finalmente, ante a anulación da nova administración, desenroulouse nos anos sucesivos coma campus da Universidade de Dacca [6].

[editar] Independencia e capital de Bangladesh

Asamblea Nacional, Louis I. Kahn. Foto de Karl E. Roehl
Asamblea Nacional, Louis I. Kahn. Foto de Karl E. Roehl

En 1947, a independencia e partición da India provocou a fuxida dos hindúes pero sobor de todo, a chegada dunha masa inxente de refuxiados musulmáns de Bengala Occidental, Assam e Bihar, o que incrementou dramáticamente a poboación da cidade cos problemas sociais derivados do aloxo e prestación de servizos axeitados.

En 1971, a constitución de Bangladesh coma estado soberano fixo de Dacca a sua capital. Dende os sesenta planificábase unha nova área representativa para a capitalidade de Paquistán Oriental no noreste de Tejgaon a cargo dun dos arquitectos máis recoñecidos do movimento moderno, o estadounidense de ascendencia paquistaní Louis Kahn. O proxecto non rematou ata os oitenta e servíu xa para os novos cometidos estatais.

Dende a sua condición de centro dun dos países máis pobres e poboados do mundo, Dacca non ten deixado de medrar ata se converter nuhna das maiores metrópolis do planeta, pero asemade con todos os problemas de hacinamiento e precariedade característicos das urbes do terceiro mundo.

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -