See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia urbana de Calcuta - Wikipedia

Historia urbana de Calcuta

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
O artigo precisa revisión lingüística e metodolóxica
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

En Calcuta, en 1690, existían tres poboados bengalís na beira leste do río Hugli, Sutanuti, Kalicata e Gobindapur, cando Job Charnock da Companhía Inglesa das Indias Orientáis establecéu un posto comercial na primeira e pouco despóis nas aforas das outras dous [1]. Entre 1696 e 1706 constrúen unha fortaleza (vello Fort William) no de Kalicata [2].

A primitiva Calcuta articulábase dende o forte onde protexíanse a casa do gobernador e os almacéns da Compañía, con dúas rúas principáis: unha norte-sur, antiga vía de pelerinaxe cara ao templo de Kalighat ; e unha oeste-leste ou Avenue, partindo do forte con St. Anne nun lado e o Tank no outro (depósito de auga e parque, actual praza BBD Bagh), ata os lagos e pantanos que protexían a cidade polo nacente. En 1742 acométese a cava da Zanxa Marhata que rodea o territorio das tres primeiras poboacións. Ata hoxe, estes elementos persisten configurando as liñas mestras do corazón da metrópole: Chowringhee, rúa principal da cidade, Bow Bazar e Circular Road unha vez recheado o foxo (1804) marcando os límites da vella Calcuta.

En 1756 os bengalíes atacan e destrúen o forte e conquistan brevemente a cidade[3]. Despóis de reconquistala, a primeira tarefa dos británicos vai ser erixir un novo forte, desta vez con todas as garantías defensivas: é ó Fort William levantado en Gobindapur (1758-81, para o que se desprazóu a todala poboación nativa, os antepasados de R. Tagore incluídos), e cun valeiro ó redor de grandes proporcións que chegará ata os nosos días coma o gran parque de Calcuta, o Maidán.

No 1772 a cidade foi designada capital da India Británica o que marcóu o comezo duhna época de crecimento: drenaxe dos terreos pantanosos, área gubernamental entre dúas rúas, Old Court House e Old Council House paralelas ao río dende o área do vello forte ata a Esplanade (Maidán) coa Casa do Goberno presidindo o enorme valeiro[4]. Crecimento que alcanza seu cénit no mandato do gobernador R.Wellesley (1797-1805) no que a capital recibe o alcume de "Cidade de Pazos". Mais Calcuta estructurábase dende o comezo en dúas áreas ben diferenciadas: a White Town, británica, na metade sur (a dos pazos en torno ao Maidán); e a Black Town, nativa, na metade norte, insalubre e pestilente (foron implementadas medidas para a mellora das condicións entre 1814 e 1836) [5].

A partir de 1854 coa construción do ferrocarril e a Grand Trunk Road (Calcuta-Peshawar) na beira oeste do río (en Howrah, unión por pontones en 1874 e ponte en 1943[6][7]), a cidade a través do seu porto converte a todo o norte da India no seu hinterland [8]. Mesmo o sector indio de Calcuta convértese nun activo centro de comercio, masificándose inda máis. O final do XIX marca o apoxeo da metrópole coma capital intelectual do subcontinente.

Por contra, o século XX significóu a perda progresiva de poder e influencia a consecuencia dos avatares xeopolíticos. En 1912 perde a capitalidade da India británica en favor de Delhi e no 1947 a da Bengala oriental en favor de Dhaka, que coa súa independencia posterior coma Bangladesh(1971) deu a puntilla a cidade ao lle arrebatar a maior parte do seu hinterland natural. Ademais supuso o agravamento dos problemas sociáis pola grande afluencia de refuxiados non musulmanes do leste, o que a levóu a fama mundial coma cidade da extrema miseria.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -