See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia urbana de Bruxelas - Wikipedia

Historia urbana de Bruxelas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Aínda que o primeiro poboamento do val semella datar da época merovinxia (século VII, Bruocsella,"morada no pantano"), coa presenza dalgúns pequenos oratorios ou capelas, é no século X cando os duques de Brabante constrúen un castrum fortificado nunha das illas do cativo río Senne xunto a unha daquélas, a de St. Gery [1].

Por outra banda, o leste do río, os pes do outeiro do Treurenberg, xunto a outra, a da patrona local Santa Gúdula, comeza a medrar un poboamento no que era o camiño que unía a rexión renana con Flandes. Entrambos los dous sitios conformouse un burgo en torno a praza do mercado, que logo será a Grand Place.

É no século XI candos os duques deciden trasladar a súa residencia a un castelo que constrúen en outro outeiro o sur do Treurenberg, o de Couldenberg. De seguido rodéase todo o conxunto cun cinto de murallas. Iste triángulo, St.Gery no río co porto, Santa Gúdula onde construirase a catedral de San Miguel, e o palacio ducal do Coudenberg, será o armazón básico e nodal da futura cidade [2].

Bruxelas vai crecer rapidamente co comercio da súa rica industria de panos ata converterse nunha das maiores cidades de Europa no século XIV, desbordando os antigos muros e obrigando a construción dun novo recinto amurallado de perto de oito kilómetros (1379). É con iste esplendor cando na praza do mercado constrúese a Casa do Concello (1402-54) gótico flamíxero, e os duques amplían e embelecen o séu Palacio do Coudenberg, facendo da cidade o centro dunha rica actividade artística e cultural (pinturas de Rogier van der Weyden, escultura fonte do Manneken-Pis, Rubens máis tarde). ([3]Bruxelas no 1581)

A fináis do século XVII, a cidade é bombardeada polo exército francés. A destrucción é grande, pero os burgueses reaccionan coa reconstrución do abraiante conxunto que rodea a Grand Place[4]. Lamentablemente, nun incendio en 1731 pérdese a xoia que representaba o conxunto do Palacio Ducal[5]. No seu lugar aparecen hoxe a Praza e o Palacio Real así coma o museo de belas artes.

A decadencia continuó con Bruxelas coma un centro menor (capital da recén creada Bélxica en 1830) [6], e somentes as obras de Victor Horta pertenecentes ao art nouveau coma feito arquitectónico destacable no final do XIX, ata que, tra la segunda guerra mundial celebra a Feira Mundial de 1958 (co famoso Atomium) e convírtese nunha sede de organismos internacionáis, sobremanera os da Comisión Europea co que pasa a ser a capital de facto da Unión Europea. Os edificios administrativos da mesma concéntranse no Quartier Leopold, ao leste do Palacio Real[7].


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -