See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia de Timor Leste - Wikipedia

Historia de Timor Leste

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Timor, mapa político da illa
Timor, mapa político da illa

A historia de Timor Leste principia coa chegada de pobos australoides e melanesios enmarcado no proceso de migracións que aconteceron en Australasia.

O primeiro dos pobos descritos polos antropólogos é un pobo de tipo Vedo-Australoide, que procedía do norte e o oeste entre o 40.000 e o 20.000 a.C. Unha segunda migración de melanesios chegou cara o 3000 a.C. mentres os australoides retirábanse cara o interior montañoso. Máis recentemente, contra o 2500 a.C. os protomalaios chegaron procedentes do sur de China e o norte de Indochina.

Timor incorporouse nas rotas comerciais chinesas e indias no século XIV como fornecedor de sándalo e escravos. No século XVI o territorio dividiase nunha serie de pequenos principados, o máis importante era o de Wehale no centro de Timor que comprendía ós tetun, bunaq e kemak.

[editar] Colonización portuguesa

Os primeiros europeos en chegaren á área foron os portugueses, concretamente preto da moderna Pante Macassar. En 1556 un grupo de freires dominicos establecéronse na vila de Lifau. O territorio converteuse oficialmente nunha colonia portuguesa no ano 1702 cando Lisboa enviou o primeiro gobernador a Lifau, a capital. O territorio foi usado principalmente como lugar onde enviar a criminais e prisioneiros políticos. A vida da poboación nativa fóra da capital non sofreu mudanzas.

A capital trasladouse a Dili no ano 1767 debido ós ataques dos holandeses, que colonizaran o resto da illa e os arquipélagos do arredor que conformaron as Indias Orientais Holandesas. A fronteira entre os portugueses e os holandeses estableceuse en 1859 polo Tratado de Lisboa, modificada definitivamente en 1916 e permanece como a fronteira internacional entre os estados modernos de Timor Leste e Indonesia.

A pesar da neutralidade de Portugal durante a Segunda Guerra Mundial o Timor portugués foi ocupado por forzas australianas e holandesas en decembro de 1941 para evitar unha ocupación xaponesa, que se produciu en febreiro de 1942 e que contou coa oposición dunha forza guerrilleira formada por 400 militares australianos e holandeses e un importante número de nativos timoreses, que polo xeral deron pouca cobertura ás forzas de ocupación, o que ocasionou a queima de vilas e colleitas polos xaponeses, calcúlase entre 40.000 e 70.000 os timoreses mortos durante a ocupación xaponesa.

Despois da guerra o Timor portugués voltou á soberanía portuguesa, declarada provincia ultramarina en 1955 exercendo o goberno local o Gobernador e un Concello Lexislativo xunto os xefes locais ou liurai, o estado portugués realizou escasos investimentos en educación, sanidade ou infraestruturas e tan so unha pequena minoría de timoreses recibiu educación. Durante este tempo o goberno indonesio, fóra dalgún discurso retórico, non amosou interese polo territorio.

Coa caída dor réxime salazarista en Portugal en 1974 o novo goberno iniciou un proceso de descolonización e enviou un gobernador para preparar o territorio para a independencia, recoñecéronse os partidos políticos para a preparación das eleccións municipais en 1975 e unhas previstas eleccións á Asemblea Constituínte en 1976.

[editar] Ocupación indonesia

Tras unha breve guerra civil declarada en agosto de 1975 e a declaración unilateral de independencia polo Fretilin o 28 de novembro que non foi recoñecida internacionalmente. Aproveitando a conxuntura o 7 de decembro o exército indonesio invadía o territorio e o integrou ó seu territorio o 17 de xullo de 1976 como a 27ª provincia. O Frentilin orgonizou un movemento guerrilleiro para conseguir a independencia e o exército indonesio respondeu cunha forte represión, calcúlase o número de asasinados en entre 100.000 e 200.000 sobre unha poboación de 700.000.

Tras a caída do presidente Suharto en 1998 e baixo a presión internacional o goberno indonesio convocou un referendum sobre a independencia en 1999 e unha ampla maioría votou pola independencia e tras el unha campaña de violencia por parte de paramilitares proindonesioa apoiados por militares provocou uns 2000 mortos e o desprazamento de dous terzos da poboación. Tras un acordo co goberno indonesio a ONU enviou unha forza multinacional de paz que chegou a Timor Leste o 20 de setembro de 1999 e estableceuse unha administración de transición a cargo da ONU que debía levar á independencia á antiga colonia portuguesa.


[editar] Timor Leste independente

O 20 de maio de 2002, tras a elección dunha Asemblea Constituínte, Timor Leste converteuse nun estado independente con Xanana Gusmão como primeiro presidente e Marí bim Amude Alkatiri como o seu primeiro presidente de goberno.

En abril de 2006 tras numerosas manifestacións e protestas en Dili, 600 soldados desertores dispararon contra unha manifestación matando cinco persoas, pouco despois enfrontábanse nas rúas soldados leais ó goberno e desertores e militantes do principal partido da oposición. O 21 de xuño o presidente pediu a dimisión do primeiro ministro e tras obtela a situación volveu ó rego.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -