See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hirohito - Wikipedia

Hirohito

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O emperador Shōwa / Hirohito en 1926
O emperador Shōwa / Hirohito en 1926

Hirohito (裕仁) ou Hiro-Hito, coñecido no Xapón co seu nome de reinado póstumo Shōwa Tennō (昭和天皇) ou Emperador Shōwa (naceu o 29 de abril de 1901 en Toquio – faleceu o 7 de xaneiro de 1989 en Toquio), foi emperador do Xapón desde o 25 de decembro de 1926 ata a súa morte.

Fillo do emperador Taishō e irmán dos príncipes Chichibu, Takamatsu e Mikasa, foi o 124º emperador segundo a tradición shinto. O seu reino coincide exactemente con a Showa (昭和), de onde tira o seu nome póstumo.

O emperador Shōwa é un dos persoaxes principais da Segunda Guerra Mundial. A cuestión da súa responsabilidade nas actividades militares do Xapón en Asia, antes e durante a Segunda Guerra Mundial, tivo e ten grande importancia política e é obxecto de numerosos traballos de investigación.


[editar] Ata o acceso ao trono

O príncipe Hirohito naceu o 29 de abril de 1901 no pazo Aoyama en Toquio. Era o primeiro fillo do príncipe herdeiro Yoshihito (futuro emperador Taishō) e da princesa Sadako. Será o primeiro emperador nun centenar de anos do que a súa nai biolóxica era a vez a esposa oficial do seu predecesor. O seu nome persoal, Hirohito, está composto de kanji (裕仁) « riqueza, abundancia, fertilidade » e « virtude » ; o segundo carácter, hito entra na composición do nome de practicamente todos os nenos varóns da familia imperial xaponesa desde Modelo:Século XI. Hirohito na mocedade levou o título de principe Michi (Michi no Miya).

A morte do emperador Meiji o 30 de xullo de 1912 converteuno no herdeiro da coroa, sendo formalmente investido como tal o 2 de novembro de 1916. Hirohito pasou a ser rexente do Xapón o 29 de novembro de 1921 a raíz dos problemas de saúde do seu pai. O 26 de xaneiro de 1924, casou con Kuni Nagako (emperatriz Kōjun). O mesmo ano, emprendeu unha viaxe de seis meses por Europa, primeiro por parte dun príncipe imperial nipón, no que visitou nomeadamente o Reino Unido, Franza, Italia, o Vaticano, os Países Baixos e máis Bélxica.

[editar] Conflictos internos e invasión de China

As décadas de 1920 e 1930 están marcadas pola violencia continua entre as dous principais facción da dereita , Kōdōha e Tōseiha. Un momento decisivo foi o asasinato do primeiro ministro Tsuyoshi Inukai en 1932, que sinala o fin do control do exército de Guandong polo consello de ministros.

Con anterioridade, unha serie de incientes por parte de oficiais do exército de Guandong desembocaran na invasión de Manchuria, territorio controlado polo Imperio chinés, en 1931. O goberno e máis o Emperador mostráranse en principio irritados pola insubordinación das tropas, mais logo sancionaran a ocupación a causa das gañancias territoriais conseguidas.

O 26 de febreiro de 1936, xovens oficiais Kōdōha organizaron unha intentona de golpe de Estado. A insurreción respondía á perda de influencia da facción militar na Dieta logo de eleccións. O intento concluíu co asasinato de varios oficiais superiores e de membros do goberno. Abortou cando o emperador se opuxo resoltamente aos insurrectos, ameazando con porse á cabeza da garda imperial.

En 1936, o Emperador autorizou, con un decreto imperial, a ampliación da unidade de investigación bacteriolóxica de Shiro Ishii, incorporándoa no seo do exército de Guandong. Esta « unidade 731 » efectuou experimentos sobre varios miles de prisoeiros chineses, coreanos e rusos, mesmo mulleres e nenos.

A invasión do resto da China a partir de 1937 dou lugar a inúmeras atrocidades contra a poboación civil. Tales atrocidades foran posíbeles, en boa medida, pola decisión imperial de agosto de 1937, que aprobaba unha directiva propondo a suspensión da aplicación dos acordos internationais sobre os dereitos de prisoeiros de guerra. Entre as maís coñecidas crueldades están a masacre de Nankin e a operación denominada « mata todo, rouba todo, queima todo » (sankō sakusen) que entrañou, desde maio de 1942, a morte de 2,7 millóns de chineses nas rexións de Heibei e de Shandong.

Os arquivos militares e o dietario do xeneral Sugiyama, comentados por varios historiadores xaponeses como Yoshiaki Yoshimi e Seiya Matsuno (Dokugasen kankei shiryō II, Kaisetsu 1997), como tamén por Herbert Bix, indican ben que Hirohito se reservara o control das armas químicas, das que el autoriza a súa utilización sen restriccións contra civís, sobretodo na China. As probas sobre estas autorizacións están fundadas en directivas imperiais específicas (rinsanmei), transmitidas aos xenerais por intermedio do xefe do Estado maior do exército (o principe Kan'in, despois polo xeneral Sugiyama desde 1940). Desde setembro a outubro de 1938, O Emperador autorizou asimesmo o emprego de gases tóxicos en 375 ocasións cando a invasión de Wuhan. En marzo 1939, o xeneral Yasuji Okamura foi autorizado a usar bombas de gas tóxico en Shandong.

Na primavera de 1939, o incidente de Nomonhan desemboca nun ataque da Unión Soviética, que se saldou con un estrepitoso fracaso das forzas imperiais, obrigando ao Emperador a pechar un pacto de non-agresión que conducirá ao Xapón a dirixirse finalmente cara o Sur primeiro e logo cara o Océano Pacífico.






aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -