Hidrografía da Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A maior parte de rede hidrográfica da Pobra do Brollón encóntrase situada dentro da conca do río Cabe, que drena a parte occidental do concello en dirección NE-SO e que forma parte da conca Miño-Sil. Unha pequena parte da rede pertence a conca do río Lor, na cara oriental do concello.
[editar] Ríos
Os ríos do concello son:
- Cabe, afluente do Sil.
- Lor, afluente do Sil.
- Saa, afluente do Cabe.
- Forgas, afluente do Saa.
- Lebrón, afluente do Saa.
- Rubín, afluente do Saa.
- Loureiro-Mazo, afluente do Lor.
[editar] Arroios e regatos
Entre os arroios e regos destacan:
- As Lamelas, afluente do Saa.
- A Barca
- Arquillido
- A Silvela
- Picarrexo, afluente do Cabe.
- Teixugo, afluente do Cabe.
- Trasmonte, afluente do Sil.