See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Henry Miller - Wikipedia

Henry Miller

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Henry Miller
Henry Miller

Henry Valentine Miller (Nova York, 26 de decembro de 1891 - California, 7 de xuño de 1980), novelista estadounidense. A súa obra componse de novelas semiautobiográficas nas que o ton crudo e sensual suscitou unha serie de controversias no seno dunha sociedade puritana que Miller quixo estigmatizar denunciando a hipocresía moral norteamericana. Influíu notablemente na chamada Xeración Beat.

Índice

[editar] Biografía

A mocidade de Miller foi errática; alternaba diversos traballos con breves períodos de estudios no City College de Nova York. En 1924 casou con June Mansfield tras divorciarse da súa primeira esposa, Beatrice Sylvas, coa que tivo unha filla.

En 1930, durante a Gran Depresión, marchou a Francia onde viviu o estallido da Segunda Guerra Mundial. Nesa época Miller decidiu consagrarse totalmente á literatura. Os seus primeiros anos de bohemia en París foron miserables: tivo que loitar contra o frío e a fame; alimentábase coas comidas que lle ofrecían e durmía cada noite baixo unha ponte distinta. A sorte presentóuselle na persoa de Richard Osborn, un avogado americano que lle ofreceu unha habitación no seu apartamento. Cada mañá Osborn deixaba enriba da mesa da cociña un billete de 10 francos para que Miller o gastase á súa convenencia. Coñeceu a Anaïs Nin (da que foi amante), a Gilberte Brassal e a Alfred Perlès, e empezan os seus devaneos co surrealismo.

No outono de 1931 Miller obtivo o seu primeiro emprego como corrector de estilo no xornal Chicago Tribune, mercede ó seu amigo Alfred Perlès. Aproveita a ocasión para publicar varios artigos que asina co nombre de Perlès, dado que só os membros do equipo editorial podían editar os seus escritos. Escribe, nese ano, Tropic of Cancer, na Vila Seurat de Montparnasse, que será publicado en 1934. Esta novela supúxolle nos EE.UU un proceso por obscenidade, segundo as leis vixentes nesa época dictadas contra a pornografía. Esta novela estivo censurada no seu país ata a década de 1960, e só puido ingresar clandestinamente coa portada de Jane Eyre, o clásico de Charlotte Brontë.

Miller proseguiu a súa batalla persoal contra o puritanismo intentando liberar, desde un punto de vista moral, social e legal, os tabús sexuais existentes na literatura americana. Continuou escribindo novelas, todas censuradas nos Estados Unidos por obscenas. Publicou Black Spring (1936), e Tropic of Capricorn (1939), que consesguiron difusión nos EE.UU malia teren que ser vendidos subrepticiamente, o que contribúe a forxar a súa reputación de escritor underground.

Regresa ós Estados Unidos en 1940 e se instala no Big Sur (California), onde continúa producindo unha literatura puxante, colorista e socialmente crítica. Escribe The Colossus of Maroussi (1941), que versa sobre unha viaxe a Grecia, país que visitou invitado por Lawrence Durrell. O libro máis que una guía ó uso é un monumento lírico á sensualidade mediterránea, unha crítica brillante ó modo de vida americano e un alegato pola paz. Seguíronlle The Air-Conditioned Nightmare (1945), a triloxía The Rosy Crucifixion, composta por Sexus (1949), Plexus (1953), e Nexus (1960). Escribiu Big Sur and the Oranges of Hieronymus Bosch en 1957.

Foi considerado mesmo un precursor do posmodernismo. Os seus trópicos, tachados de pornográficos, xeraron unha gran polémica e foron prohibidos nos países anglosaxóns. En 1964 a Corte Suprema dos Estados Unidos anula, da Corte de Estado, o xuízo contra Miller por obscenidade, o que representa o nacemento do que, máis tarde, será coñecido co nome de revolución sexual.

Entre as súas aficións estaba a de pianista amateur e pintor. Escribiu libros sobre a súa pintura, e trala súa morte as súas acuarelas foron transladadas a dous museos: o "Henry Miller Museum of Art" na cidade de Omachi Nagano (Japón), e o "Henry Miller Art Museum" na Coast Gallery de Big sur.

Faleceu en Pacific Palisades, California. Os seus restos foron incinerados e as súas cinzas esparcidas sobre Big Sur.

[editar] Obras

  • Crazy Cock, escrita entre 1928 e 1930, non publicada ata 1960. ISBN 0-80211412-1
  • Tropic of Cancer, Paris: Obelisk Press, 1934.
  • What Are You Going to Do about Alf?, Paris: Impreso a expensas do autor, 1935.
  • Aller Retour New York, Paris: Obelisk Press, 1935.
  • Black Spring, Paris: Obelisk Press, 1936. ISBN 0-8021-3182-4
  • Max and the White Phagocytes, Paris: Obelisk Press, 1938.
  • Tropic of Capricorn, Paris: Obelisk Press, 1939. ISBN 0-8021-5182-5
  • Henry Miller's Hamlet Letters, Vol. I, con Michael Fraenkel, Santurce, Puerto Rico: Carrefour, 1939. ISBN 0-8095-4058-4
    • Vol. II, with Michael Fraenkel, New York: Carrefour, 1941.
    • Vol. I complete New York: Carrefour, 1943.
  • The Cosmological Eye, New York: New Directions, 1939. ISBN 0-8112-0110-4
  • The World of Sex, Chicago: Ben Abramson, Argus Book Shop, 1940.
  • The Colossus of Maroussi, San Francisco: Colt Press, 1941. ISBN 0-8112-0109-0
  • The Wisdom of the Heart, New York: New Directions, 1941. ISBN 0-8112-0116-3
  • Sunday after the War, New York: New Directions, 1944.
  • Semblance of a Devoted Past, Berkeley, Calif.: Bern Porter, 1944.
  • The Plight of the Creative Artist in the United States of America, Houlton, Me.: Bern Porter, 1944.
  • Echolalia, Berkeley, Calif.: Bern Porter, 1945.
  • Henry Miller Miscellanea, San Mateo, Calif.: Bern Porter, 1945.
  • Why Abstract?, con Hilaire Hiller e William Saroyan, New York: New Directions, 1945. ISBN 0-8383-1837-1
  • The Air-Conditioned Nightmare, New York: New Directions, 1945. ISBN 0-8112-0106-6
  • Maurizius Forever, San Francisco: Colt Press, 1946.
  • Remember to Remember, New York: New Directions, 1947. ISBN 0-8112-0321-2
  • Into the Night Life, oublicada en privado en 1947
  • The Smile at the Foot of the Ladder, New York: Duell, Sloan and Pearce, 1948.
  • Sexus (Primeira parte de The Rosy Crucifixion), Paris: Obelisk Press, 1949. ISBN 0-87529-173-2
  • The Waters Reglitterized, San Jose, Calif.: John Kidis, 1950. ISBN 0-912264-71-3
  • The Books in My Life, New York: New Directions, 1952. ISBN 0-8112-0108-2
  • Plexus (Segunda parte de The Rosy Crucifixion), Paris: Olympia Press, 1953. ISBN 0-8021-5179-5
  • Quiet Days in Clichy, Paris: Olympia Press, 1956. ISBN 0-8021-3016-X
  • Recalls and Reflects, New York: Riverside LP RLP 7002/3, 1956
  • The Time of the Assassins: A Study of Rimbaud, New York: New Directions, 1956. ISBN 0-8112-0115-5
  • Big Sur and the Oranges of Hieronymus Bosch, New York: New Directions, 1957. ISBN 0-8112-0107-4
  • The Red Notebook, Highlands, N.C.: Jonathan Williams, 1958.
  • Reunion in Barcelona, Northwood, England: Scorpion Press, 1959.
  • Nexus (Terceira parte de The Rosy Crucifixion), Paris: Obelisk Press, 1960. ISBN 0-8021-5178-7
  • To Paint Is to Love Again, Alhambra, Calif.: Cambria Books, 1960.
  • Watercolors, Drawings, and His Essay "The Angel Is My Watermark," Abrams, 1962.
  • Stand Still Like the Hummingbird, New York: New Directions, 1962. ISBN 0-8112-0322-0
  • Just Wild about Harry, New York: New Directions, 1963. ISBN 0-8112-0724-2
  • Greece (with drawings by Anne Poor), New York: Viking Press, 1964.
  • Insomnia or The Devil at Large, New York: Doubleday and Company, 1974. ISBN 0-385-9037-4
  • Opus Pistorum, New York: Grove Press, 1983. ISBN 0-394-53374-7

[editar] Películas

Miller foi interpretado por Fred Ward na película Henry & June (1990), e por Rip Torn na adaptación de 1970 de Tropic of Cancer. Na adaptación de Jens Jørgen Thorsen de 1970 de Quiet Days in Clichy, o personaxe de 'Joey', baseado en Miller, foi interpretado por Paul Valjean. Noutra adaptación de 1990 é interpretado por Andrew McCarthy.

[editar] Ligazóns externas

Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -