See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Henry Hudson - Wikipedia

Henry Hudson

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Non existe ningún retrato coñecido de Henry Hudson. Desde antigo veuse utilizando este en moita publicacións, pertencente á Cyclopaedia of Universal History de 1885, o cal é seguro que non corresponde ao navegante.
Non existe ningún retrato coñecido de Henry Hudson. Desde antigo veuse utilizando este en moita publicacións, pertencente á Cyclopaedia of Universal History de 1885, o cal é seguro que non corresponde ao navegante.

Henry Hudson (1565 - 1611), navegante inglés, famoso por realizar catro importantes viaxes de exploración. Un río e unha baía de América do Norte levan o seu nome na súa honra. Da súa vida coñécense moi poucos datos antes de 1607, ano en que fixo a súa primeira viaxe para a English Muscovy Company. Ao mando dunha soa embarcación, a Hopewell, Hudson alcanzou as costas de Groenlandia e Svalbard, e descubriu a illa de Jan Mayen, cando buscaba o paso do Nordés cara a Asia a través do océano Ártico. Durante o ano seguinte, viaxou co mesmo barco e para a mesma compañía, e novamente sen éxito busco o paso á India, esta vez navegando a través das illas de Nova Zembla, polo mar de Barents. Ao seu regreso, a Muscovy Company retiroulle o seu apoio, polo que tivo que buscar na Compañía Holandesa das Indias Orientais axuda económica e un novo barco para continuar o seu labor.

Traballando para esta compañía, partiu da illa holandesa de Texel, na súa terceira viaxe, no ano 1609, con Half Moon, un navío de 73 toneladas métricas, e unha tripulación composta de dezaoito ou vinte homes entre ingleses e holandeses. Novamente empezou a procura do paso en Nova Zembla, intentando abrirse camiño a través do xeo, pero debido ao frío intensísimo e á extremas condicións meteorolóxicas, a tripulación empezou a inquietarse e Hudson propuxo un plan diferente. Puxeron rumbo suroeste a través de Nova Escocia e baixaron pola costa de Norteamérica, coa certeza de que os océanos Atlántico e Pacífico estaban separados só por un estreito istmo.

En setembro de 1609 chegou á baía de Nova York, e durante os seguintes meses explorou o río Hudson, ascendendo 240 quilómetros desde a súa desembocadura ata o lugar onde actualmente se levanta a cidade de Albany. Antes de terminar o ano, Hudson e os seus homes regresaron a Inglaterra, sendo detidos polo goberno. Hudson recibiu a orde de traballar a partir de entón só para o seu país de orixe.

En 1610, Hudson partiu no último das súas viaxes patrocinado por unha recentemente creada compañía de cabaleiros ingleses. Co seu novo navío, o Discovery, lanzouse á procura do paso do Noroeste. A mediados do ano atravesara o estreito de Hudson e alcanzado a Baía de Hudson, onde pasou tres meses explorando as illas e costas orientais.

Na crenza de que se atopaba no Pacífico, navegou rumbo sur ata a Baía de James. En novembro o barco estaba atrapado no xeo, polo que logo de pasar un duro inverno a causa do frío e a escaseza de alimentos, a discordia xeneralizouse entre a tripulación, acabando cun motín en xuño de 1611. Hudson, o seu fillo e outros sete membros da compañía foron abandonados á súa sorte nun pequeno bote e nunca máis se soubo deles. Os poucos amotinados que conseguiron sobrevivir puideron chegar a Inglaterra onde foron encarcerados.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -