See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Henrique VIII de Inglaterra - Wikipedia

Henrique VIII de Inglaterra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Henrique VIII Rei de Inglaterra e Irlandapor Hans Holbein o Xove
Henrique VIII
Rei de Inglaterra e Irlanda
por Hans Holbein o Xove

Henrique VIII Tudor (28 de xuño de 1491 - 28 de xaneiro de 1547) foi Rei de Inglaterra a partir de 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord da Irlanda.

Henrique naceu no Palacio Real en Greenwich, Londres, como segundo fillo do rei Henrique VII e Isabel de York, sendolle concedido o título Duque de York. Tornouse Príncipe de Gales e herdeiro do trono despois da morte do seu irmán máis vello Artur en 1502.

Unha dispensa do Papa Xulio II era necesaria para autorizalo a casar coa viúva do seu irmán, Catarina de Aragón, e isto foi obtido coa base da non-consumación. O casamento foi celebrado a 11 de xuño de 1509 e resultou apenas nunha filla, a futura María I de Inglaterra. Henrique VIII chegou a escribir un pequeno libro titulado "Defensa dos 7 Sacramentos" que fixo para que León X lle outorgase o título de "Defensor da Fé", no entanto o desexo de producir un herdeiro, ben como a súa relación amorosa con Ana Bolena, levarano a procurar a disolución do casamento con Catalina xunto do Vaticano. As súas tentativas non encontrara suceso porque o Papa Clemente VII estaba sobre presión do sobriño de Catalina, o emperador Carlos V.

Frustrado coa rotura das negociacións, Henrique VIII ignorou a lei canónica que o lle impedia unirse a outra muller e casou con Ana Bolena a 25 de xaneiro de 1533. Esta actitude de afronta sen precedentes à Igrexa Católica valeulle a excomuñón, declarada por Clemente VII o 11 de xullo de 1533. No seguimento da excomuñón, Henrique decidiu o rompemento coa Igrexa Católica Romana, declarou a disolución dos mosteiros, tomando así moitos dos haberes da Igrexa, e formou a Igrexa Anglicana (Church of England), da cal se declarou líder. Esta decisión tornouse oficial co decreto da supremacia (Act of Supremacy) de 1534. A recusa en xurar obediencia a este decreto levouno a condenar ao humanista Thomas Morus, o seu antigo Lord Chanceler, à morte.

Durante o ano de 1513, Thomas Howard, terceiro Duque de Norfolk, derrotou a tentativa de invasión de James IV de Escocia en Flodden durante a ausencia de Henrique VIII na guerra con Francia. A longa rivalidade de Henrique co Rei Francisco I de Francia tornouse ainda máis seria pola cooperación entre Francia e Escocia, ambos países católicos nesta altura. Henrique e Francisco tiñanse encontrado na guerra 1520. A paz con Francia foi finalmente restablecida en 1546.

Henrique VIII incrementou moito o poderío marítimo inglés, establecendo portos en Woolwich e Deptford no Río Támesis no sudeste de Londres, e instituíndo unha mariña eficiente. O seu barco capitán (flagship), Mary Rose, afundiuse no Solent (no canal inglés) durante a batalla e a sua recuperación nos anos 80 do século XX, foi un marco na pesquisa arquelóxica desta época. O navío encontrase hoxe en exposición no molle de Portsmouth.

[editar] Descendencia e casamentos

  • (1509- 1533) Catarina de Aragón, princesa de España (1485- 1536)
    • Henrique Tudor, príncipe de Gales (1511)
    • rapaz (1513)
    • rapaz (1514)
    • María I, raíña de Inglaterra (1516- 1558)
  • (1533) Ana Bolena, Marquesa de Pembroke (1507- 1539) executada
    • Isabel I, raíña de Inglaterra (1533- 1602)
    • rapaz (1536)
  • (1536) Xoana Seymour (1509- 1537) morre de parto
  • (1540; xaneiro- xuño) Ana de Cleves (1515- 1557)
  • (1540- 1541) Catarina Howard (1525- 1542) executada
  • (1543) Catarina Parr (1512- 1548)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -