Henri Moissan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
'Henri Moissan (28 de setembro de 1852, París - 20 de febreiro de 1907, París) foi un químico o e profesor universitario de Francia, premio Nobel de Química en 1906.
[editar] Biografía
Estudou no Colexio de Meaux, no Instituto da Agronomía de París e no Instituto de Toxicoloxía. Traballou no Museo de Historia Natural de París e nos laboratorios de Edmond Frémy. Foi profesor na Escola Superior de Farmacia dende o 1879, chegando a impartir clases de química e toxicoloxía no 1886. Dende 1900 foi profesor de química na Universidade de París. Ingresou na Academia de Ciencias francesa no 1891.
Faleceu repentinamente en París no 1907, pouco despois da súa volta de Estocolmo, tras recibir o Premio Nobel. Non se sabe se os seus experimentos co flúor contribuíron á súa morte.
[editar] Investigacións científicas
Entre as súas contribución científicas máis notábeis, no 1886 conseguiu illa o flúor en forma de gas amarelo verdoso, por electrólise dunha solución de fluorhidrato potásico en ácido fluorhídrico anhidro. A existencia do flúor coñecíase dende anos antes, mais todos os intentos por obtelo fracasaran, e incluso algúns investigadores morreran no intento.
Tamén ideou un forno de arco, capaz de acadar temperaturas de 4.100ºC, que permite reducir os minerais de certos metais, como o uranio, cromo, volframio, vanadio, manganeso, titanio e molibdeno.
No 1893, deu a coñecer o seu método de preparación de pequenos diamantes artificiais a partir de carbono disolto en ferro fundido, o que produceu unha gran sensación.
Foi un dos primeiro en realizar investigación acerco do calcio, descuberto en 1808, por Humphry Davy, conseguindo unha pureza do 99 % pola electrólise do ioduro de calcio (CaI2).
En 1906, foi galardoado con Premio Nobel de Química, polos seus experimentos sobre o illamento do flúor.
[editar] Ligazóns externas
Laureados co Premio Nobel de Química |
---|
1901: van 't Hoff 02: E.Fischer 03: Arrhenius 04: Ramsay 05: von Baeyer 06: Moissan 07: Buchner 08: Rutherford 09: Ostwald 10: Wallach 11: Curie 12: Grignard, Sabatier 13: Werner 14: Richards 15: Willstätter 18: Haber 20: Nernst 21: Soddy 22: Aston 23: Pregl 25: Zsigmondy 26: Svedberg 27: Wieland 28: Windaus 29: Harden, von Euler‑Chelpin 30: H.Fischer 31: Bosch, Bergius 32: Langmuir 34: Urey 35: F.Joliot‑Curie, I.Joliot‑Curie 36: Debye 37: Haworth, Karrer 38: Kuhn 39: Butenandt, L. Ružička 43: de Hevesy 44: Hahn 45: Virtanen 46: Sumner, Northrop, Stanley 47: Robinson 48: Tiselius 49: Giauque 50: Diels, Alder 51: E. McMillan, Seaborg 52: Martin, Synge 53: Staudinger 54: Pauling 55: du Vigneaud 56: Hinshelwood, Semyonov 57: Todd 58: Sanger 59: Heyrovský 60: Libby 61: Calvin 62: Perutz, Kendrew 63: Ziegler, Natta 64: Hodgkin 65: Woodward 66: Mulliken 67: Eigen, Norrish, Porter 68: Onsager 69: Barton, Hassel 70: Leloir 71: Herzberg 72: Anfinsen, Moore, Stein 73: E.O.Fischer, Wilkinson 74: Flory 75: Cornforth, Prelog 76: Lipscomb 77: Prigogine 78: Mitchell 79: Brown, Wittig 80: Berg, Gilbert, Sanger 81: Fukui, Hoffmann 82: Klug 83: Taube 84: Merrifield 85: Hauptman, Karle 86: Herschbach, Lee, Polanyi 87: Cram, Lehn, Pedersen 88: Deisenhofer, Huber, Michel 89: Altman, Cech 90: Corey 91: Ernst 92: Marcus 93: Mullis, Smith 94: Olah 95: Crutzen, Molina, Rowland 96: Curl, Kroto, R. E. Smalley 97: Boyer, Walker, Skou 98: Kohn, Pople 99: Zewail 2000: Heeger, MacDiarmid, Shirakawa 01: Knowles, Noyori, Sharpless 02: Fenn, Tanaka, Wüthrich 03: Agre, MacKinnon 04: Ciechanover, Hershko, Rose 05: Grubbs, Schrock, Chauvin 06: Kornberg 2007: Gerhard Ertl |