Henri Cartier-Bresson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Henri Cartier-Bresson (22 de agosto 1908 - 2 de agosto 2004) foi un célebre fotógrafo francés considerado por moitos o pai do fotorreportaxe. Predicou sempre coa idea de atrapar o instante decisivo, versión traducida das súas "images a la sauvette", que veñen a significar con máis precisión "imaxes a hurtadillas". Tratabase, pois, de poñer a cabeza, o ollo e o corazón no mesmo momento no que se desenvolve o clímax dunha acción.
Naceu en Chanteloup-les-vignes, ás aforas de París, o 22 de agosto de 1908. Aos 22 anos decidiu probar sorte en Costa de Marfil, foi aí onde tomou as súas primeiras fotografías. De regreso a Francia, adquiriu unha cámara Leica, a cal quedaría asociada coa súa persoa. Tras coquetear co surrealismo e colaborar con cineastas como Jean Renoir e Jean Becker decidiu fundar a axencia fotográfica Magnum con Robert Capa, David Seymour e George Rodger.
Ao longo da súa carreira, tivo a oportunidade de retratar a personaxes do talle de Pablo Picasso, Henri Matisse, Marie Curie, Edith Piaf, Fidel Castro e Ernesto Guevara. Tamén cubriu importantes eventos, como a morte de Gandhi, a Guerra Civil Española ou a entrada triunfal de Mao Zedong a Pekín. Cartier-Bresson foi o primeiro periodista occidental que puido visitar a Unión Soviética tras a morte de Stalin.
Xunto á súa esposa, a tamén fotógrafa Martine Frank, creou no ano 2000 unha fundación encargada de reunir as súas mellores obras. Faleceu o 2 de agosto de 2004 en Cereste, ao suroeste de Francia.
En 2003, Heinz Bütler dirixiu a película suíza Henri Cartier-Bresson - Biographie eines Blicks, documental biográfico interpretado polo propio Cartier-Bresson ademais de Isabelle Huppert, entre outros.