Helmut Haller
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Helmut Haller (nado o 21 de xullo de 1939 en Augsburg, Alemaña) foi un futbolista.
Haller foi un dianteiro que fixo o seu debut internacional aos dezanove anos en 1958. Xogou en Chile, en Inglaterra e mais en México. Gañou 33 copas en total, marcando 13 goles.
Alemaña Occidental chegou á final da competición de 1966 e Haller marcou o primeiro gol do partido, pero os contrincantes Inglaterra gañaron 4-2. Aparte da súa medalla de prata, Haller tamén gardou a pelota do encontro, aínda que por máis de 30 anos despois el voltase á Inglaterra e lla regalase a Geoff Hurst, quen conseguira un hat-trick no encontro e, por ende, considerado o lexítimo propietario segundo a tradición.
Na historia do seu club, Haller xogou no Augsburg, logo mudou a Italia no Bologna e logo na Juventus. En 1973 regresou ó club da sua vila natal e retirouse en 1979.