See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hayasa - Wikipedia

Hayasa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Hayasa foi un reino situado na rexión ao sur de Trebisonda, que algúns ven como o antecedente inmediato de Armenia (Hayastan). O reino era veciño de Azzi, na zona do lago Van (ver Urartu) e mesmo algúns pensan que Azzi e Hayasa eran o mesmo reino ou que Azzi só era unha parte del, que acadou a hexemonía na segunda metade do século –XIV. Ao sur tiña a Ishuwa ou Isuwa.

Tudhaliyas III estableceu a súa capital en Samuha, preto da fronteira de Hayasa sobre o -1370. Contra este país enviou ao seu fillo Suppiluliumas pero os habitantes refusaron o combate e, ao final, o príncipe foi contra as terras dos kaskas. Neste tempo o rei de Hayasa é mencionado como Karanni ou Lanni. Despois as fontes hititas mencionan como reis a Mariya (casado cunha princesa hitita e condenado a morte para romper o contrato matrimonial) e a Huqqana (casado cunha irmá de Suppiluliumas).

Sobre o último terzo do século -XIV "o señor de Azzi, Anniya, crese que creou unha confederación política dos pobos (prearmenios) da fronteira oriental dos hititas, e creara un reino que ía do río Iris (Ysehil Irmak) ao lago Van.

Mursilis II despois de derrotar a Pihhuniya, unificador dos kaskas, decidiu atacar a Anniya, señor de Azzi e Hayasa, pois aos seus dominios acolléranse algúns refuxiados hititas inimigos de Suppiluliumas I. Isto foi probabelmente o -1315 (segundo unha eclipse que puido ser datada). Mursilis esixiu a entrega dos exiliados e o retorno dos prisioneiros, e o rei Anniya, que non pensaba acceder, respondeu, sen esperar o inicio de hostilidades por parte dos hititas, cun ataque a Dankuwa, castelo raiano da Terra Alta Hitita e pediu o mesmo para Azzi (retorno de exiliados e prisioneiros). Na súa oitava campaña (noveno ano de reinado) Mursilis pasou por Ingaluwa (armenio Ankl) e atacou Ura, unha fortaleza de fronteira que pertencía a Anniya, seguramente na zona do lago Van. Este accedeu entón a retornar aos exiliados e prometeuno nunha carta, pero non puido cumprir coa promesa xa que seguramente os exiliados xa se puxeran a salvo noutros lugares ou morreran. Cando o incumprimento lle foi lembrado a Anniya, este alegou que tampouco Hatti cumprira coa entrega dos exiliados de Azzi ao reino hitita. Entón o rei hitita foi solicitado en Kizzuwatna polo "hepat" (sacerdote) de Kummani para celebrar un festival relixioso e deixou as operacións do norte a seu Xefe de Viños (un cargo da corte) Nuwanza e foise ao sur. Ao decatarse diso, Anniya aproveitou para atacar Istitina e Kannuwara; a primeira foi destruída pero a segunda resistiu o ataque e expulsou aos atacantes que tiveron que cercala. O rei ordenou unha saída, pero Nuwanza, que pedira os augurios, non fixo o ataque porque os presaxios non serían favorábeis e informou disto ao rei. Para resolver as cousas o rei pediu novos auspicios sobre que facer en Kannuwara, e loxicamente estes serían agora favorábeis, e enviou ao príncipe Anana-ziti a Nuwanza para lle comunicar os novos augurios; Nuwana fíxo entón a saída e os asediantes serían derrotados, e un gran número morreu. Desde Karkemish Mursilis pasou ao norte, a Tegarama, pero xa a estación estaba avanzada e decidiu non atacar Azzi-Hayasa senón que retornou ao sur, a Harran, onde recolleu provisións, e despois pasou outra vez ao norte, máis ao leste, onde fixo algúns ataques antes de retornar a Hattusa.

Ao ano seguinte, na décima campaña, Mursilis volveu a Azzi-Hayasa; Anniya non quería facer fronte aos hititas en campo aberto e puxo á súa xente nas fortalezas máis inaccesíbeis: Mursilis só puido conquistar dúas fortalezas: Aripsa e Duskamma. Aripsa era a un promontorio rochoso no Mar Negro, e Duskamma non debía de estar moi lonxe, e cando coñeceu a conquista de Aripsa rendeuse voluntariamente. A campaña acabou sen unha vitoria decisiva.

Finalmente os anais abreviados de Mursilis din que na undécima campaña retornou a Azzi e "organizouno". Esta expresión significa que dominou o país e estruturouno administrativamente ou estableceu nel un novo rei vasalo. O nome de Hayasa non volve a aparecer.

[editar] Lista de reis

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -