Haxix
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O haxix (do árabe حشيش [hashish] "herba", tamén chamada chocolate) é unha droga psicotrópica derivada do Cannabis. De aspecto sólido, faise maleable coa calor. A súa cor pode variar do marrón avermellado ao negro, verdoso e coloración dourada. Sóese fumar en pipa e mesturado co tabaco ou agromos de Cannabis. O seu contido en aceites ricos en cannabinoides (Tetra-Hidro-Cannabinol=THC) faino altamente intoxicante, con efectos psicoactivos que clasifican a certas variedades de plantas de cannabis como droga branda.
Ao haxix támén chámaselle pole ou chocolate de maneira informal. Produce un efecto distinto ó da marihuana e máis perxudicial para os pulmóns debido ao contido de alquitrán ó mesturalo co tabaco.
En realidade o haxix pode presentar varias tonalidades, formas e riqueza de THC. distintos (do 4% al 10%), dependendo do país de orixe; verde escuro tirando a marrón en Marrocos, negro do Líbano e Medio Oriente, negro como brea retorcida o nepalí. En ocasións o produto pode ser adulterado con pensos compostos ou esterco.