Hawker Hunter
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hawker Hunter | |
---|---|
Hunter Suizo | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Hawker-Siddeley |
Primeiro vóo | 20 de xullo de 1951 |
O Hunter, que voou o 20 de xullo do 1951, foi empregado por algunhas unidades da RAF, inda que en misións secundarias. Este caza lonxevo foi deseñado para substituir ó Meteor, e chegou a substituír ós Venom e Sabre dos escadróns de ultramar. A aparición do Hunter revolucionou o Mando de Caza. Cando foi retirado o Hunter foi amplamente empregado en misións de ataque ó solo e entrou en combate en Indonesia e no Golfo Pérsico. Os derradeiros escadróns, os nº 45 e 58, serviron coma reservas de pilotos para a flota de avións Jaguar e foron disoltos no 1976. O Hunter estivo en activo no unidade de Armas Tácticas de Brawdy ata o 1982, reemprazado polo BAe Hawk.
[editar] Especificacións
Tipo: Caza diurno monopraza Hawker Hunter F.Mk 6.
Construtor: Hawker-Siddeley
Ano: 1951
Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm
Envergadura: 10,26 m.
Lonxitude: 13,98 m.
Altura: 4,10 m.
Area alar: 32,42 m2.
Peso baleiro: 6.405 Kg.
Peso cargado: 8.050 Kg.
Planta motriz: 1 Rolls-Royce Avon 200 de 10.000 libras de empuxe.
Armamento: 4 canóns de 30 mm a proa e bombas, foguetes e tanques lanzábeis subalares.
Velocidade máxima: 715 millas/h
Alcance operacional: 1.840 millas con tanques subalares.