Harmonización
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A harmonización vocálica consiste no pechamento da vogal pretónica ante as vogais [i], [u] e o ditongo [ei] tónicos, en casos como: viciño, Curuña, buqueira, fuciño.
A harmonización provoca que nesa posición a oposición entre as vogais semipechadas /e/ e /o/ e as pechadas /i/ e /u/, respectivamente, se neutralicen.
Esta neutralización afecta de maneira especial ós verbos da segunda e da terceira conxugación, que en moitas persoas teñen o /i/ tónico da vogal temática (divertinme / *divirtinme). En cambio non se produce este fenómeno cos verbos quecer ou esquecer: quecía, esquecín.