H.P. Lovecraft
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Howard Phillips Lovecraft. Naceu en Providence (Rhode Island) o 20 de agosto de 1890, onde finou o 15 de marzo de 1937. Lovecraft é posterior (e herdeiro) de Edgar Allan Poe.
[editar] Biografía
Unha das constantes da vida de Lovecraft é a enfermidade, que o acompaña dende moi neno. Tamén de neno sufriu constantemente os insultos da súa nai, que o chamaba feo. Isto, engadido ós seus constantes pesadelos, prefiguran a parte principal dos ingredientes da súa obra.
As súas primeiras historias ven a luz en 1905 cando comeza a escribir para gañar a vida. Tamén comeza a manter correspondencia con multitude de escritores, entre os cales, e baixo a súa supervisión, configuraran os Mitos de Cthulhu
A súa obra distingue dúas partes principais: a chamada época dunsaniana e a época de apoxeo dos mitos.
A época dunsaniana de Lovecraft compónse de relatos moi oníricos. Exemplo deles son as aventuras oníricas de Randolf Carter: A declaración de Randolf Carter e outras.
Na segunda época, Lovecraft dá renda solta ós seus medos e horrores. Nos seus mitos (e a diferencia de Derleth e os demais colaboradores) atópanse un exacerbado pesimismo, unha angustiosa soidade e frustración. A linguaxe descritiva, por exemplo, é redundante, atafegante. Obras desta época son Nas montañas da loucura, A sombra que caeu sobre Insmouth e outras.
O máis destacable da súa obra é a creación dos Mitos de Cthulhu. Na mesma acabaron colaborando varios dos escritores cos que mantiña correspondencia. O máis destacable deles é August Derleth, ademáis de Forrest J. Ackerman, Robert Bloch e Robert E. Howard. A relación entre eles era tan estreita que non dubidaban incluso en introducirse uns a outros coma personaxes das súas obras.
A grandes trazos, os Mitos de Cthulhu son unha mitoloxía novelesca, sustentada por referencias a libros canónicos, piares dun suposto coñecemento esquecido e horrible. O principal libro é o Necronomicon. Os libros tratarían de varias supostas civilizacións perdidas e esquecidas, moi anteriores á presenza do ser humano no planeta.