Graham Greene
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Graham Greene (Berkhamsted (Hertfordshire) 1904 - Vevey (Suíza) 1991), foi un escritor e xornalista inglés.
Fillo dun director de escola, tivo unha mocidade difícil con varias tentativas de suicidio. Estudou en Oxford e tras graduarse traballou como xornalista, primeiro en Nottingham e logo foi redactor xefe de The Times (1926-1930), tras coñecer a Vivien Greene converteuse ao catolicismo e o feito relixioso condicionou as súas novelas. En 1941 ingresou no Foreign Office e foi recrutado polo M16, a axencia de espionaxe británica. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo destinado en Serra Leoa. En 1954 foi correspondente de prensa en Indochina.
O estilo das súas novelas é contemporáneo e realista, os seus personaxes aparecen atormentados pola dúbida e marcados por unha vida desarraigada e miserable.
[editar] Novelas
- The Man Within 1929
- The Name of Action 1930
- Rumour at Nightfall 1932
- Stamboul Train 1932
- It's a Battlefield 1934
- England Made Me 1935
- A Gun for Sale 1936
- Brighton Rock 1938
- The Confidential Agent 1939
- The Power and the Glory 1940
- The Ministry of Fear 1943
- The Heart of the Matter 1948
- The Third Man 1950 (tradución ao galego, 1994:O terceiro home)
- The End of the Affair 1951
- The Quiet American 1955
- Loser Takes All 1955
- Our Man in Havana 1958
- A Burnt-Out Case 1960
- The Comedians 1965
- Travels with My Aunt 1969
- The Honorary Consul 1973
- The Human Factor 1978
- Doctor Fischer of Geneva 1980
- Monsignor Quixote 1982
- The Tenth Man 1985
- The Captain and the Enemy 1988