Gonzalo Torrente Ballester
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gonzalo Torrente Ballester (Ferrol 13 de xuño de 1910 - Salamanca 1999) foi un novelista galego que escribiu preferentemente en lingua castelá.
Estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo; foi en Oviedo onde comezou a escribir. Estivo afiliado dende 1934 ao Partido Galeguista, mais logo da Guerra Civil Española tivo de se afiliar á Falange Española. Profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1939. En 1943 publicou a súa primeira novela, Javier Mariño. Dende 1942 foi membro do grupo "Escorial", xunto a Dionisio Ridruejo e Luis Rosales. Participou nas protestas en apoio dos mineiros asturianos en foron á folga en 1962, e como consecuencia as autoridades expulsárono de tódolos seus empregos. En 1966 marchou aos Estados Unidos, onde deu clase na State University of New York en Albany. En 1970 voltou a España, e como Catedrático de Instituto impartiu aulas de Literatura Española en Madrid, Vigo e Salamanca.
Foi membro da Real Academia Española de la Lengua dende 1975, foi Premio Nacional de Literatura en 1981, Premio Príncipe de Asturias en 1982, Premio Cervantes 1985 e Premio Planeta en 1988.
Morreu o 27 de xaneiro de 1999, dun ataque ao corazón. Os seus restos descansan no cemiterio de Serantes, moi preto do lugar onde naceu.
[editar] Obras
- El viaje del joven Tobías (1938)
- El casamiento engañoso (1939)
- Lope de Aguirre (1941)
- República Barataria (1942)
- Javier Mariño (1943)
- El golpe de estado de Guadalupe Limón (1946)
- Ifigenia (1949)
- Ifigenia (1950)
- A triloxía Los gozos y las sombras, constituída por El señor llega (1957), Donde da la vuelta el aire (1960) e La Pascua triste (1962).
- Don Juan (1963)
- Off Side (1968)
- La saga/fuga de J.B. (1972)
- El Quijote como juego (1975)
- Fragmentos de Apocalipsis (1977)
- La isla de los jacintos cortados (1980), premio Nacional de Literatura.
- Dafne y ensueños (1982)
- Quizá nos lleve el viento al infinito (1984)
- La Princesa Durmiente va a la escuela (1985):
- La rosa de los vientos (1985)
- Yo no soy yo, evidentemente (1987)
- Filomeno, a mi pesar (Premio Planeta 1988)
- Crónica del rey pasmado (1989)
- Las islas extraordinarias (1991)
- La muerte del decano (1992)
- La novela de Pepe Ansúrez (1994)
- La boda de Chon Recalde (1995)
- Los años indecisos (1997)
- Doménica (1999).