Gomariz, Leiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gomariz é unha parroquia do Concello de Leiro, a medio camiño entre O Carballiño e Ribadavia.
Nela consérvase unha fermosa igrexa románica que mira ao Avia, a Igrexa de Santa Mariña de Gomariz, exemplo do románico rural da zona, concretamente da segunda metade do século XII.
Tamén se atópa neste lugar a Casa dos Arias cun escudo timbrado con casco de frente empenachado e orlado, divido en cinco cuarteis, os dous primeiros das familias Araujo e Feijóo, e os de Sotelo e Salgado. A casa pertence na actualidade a familia Hermida Trillo da Casa Grande de Leiro.
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro | |
---|---|
Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé) |