Glicerio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Glicerio foi emperador de Occidente, sucesor de Anicio Olibrio. Foi coroado polo principe burgundio Gundobado o 5 de Marzo de 473.
Índice |
[editar] Acceso ao Trono
Glicerio foi nomeado emperador no 473. O remate da guerra civil entre o emperador Antemio e Ricimero, deixaba o trono en mans de Anicio Olibrio, pero só durou uns meses á fronte do Imperio. Pero mentres tanto, Ricimero morre e no seu lugar queda Gundobado, que se apresura a nomear novo emperador na persoa de Glicerio, quen até entón era comes domesticorum, ou sexa, comandante dunha unidade de elite da garda imperial. Segundo as fontes, foi nomeado entre o 3 o 5 de Marzo do 473 en Ravena co apoio do exército.
[editar] Reinado
Glicerio reside a maior parte do tempo no Norte de Italia, segundo as acuñacions de moeda, e poucas cousas son coñecidas do seu reinado. Non foi recoñecido como emperador por León I, o emperador do Imperio Oriental. Trata de conciliar o seu nomeamento, aceptando que o infante León sexa nomeado cónsul dos dous imperios, pero León I nomea o comandante das forzas do Imperio Oriental en Dalmacia, Xulio Nepote como novo emperador de Occidente, en xullo do 474. Pero, mentres tanto, León I fina en Constantinopla, e o elexido é o seu neto León II, quen, debido á súa curta idade, nomea Augustus o seu pai Zenón.
Vívese naquel entón unha situación critica, con tres emperadores no trono e outro nomeado, pero que ainda non tomara posesión. Por outra banda, os visigodos aproveitan este estado para tomar as cidades de Arlés e Marsella. Asi mesmo, o rei Vidimer, cos ostrogodos, tenta de invadir Italia, pero de novo se recorre aos visigodos, que envian un exército para a protección, pero que de seu significa a invasión e toma de Italia polos exércitos de Eurico; é o final ficticio do Imperio Romano.
[editar] Deposición
Pero mentres tanto, Xulio Nepote e con motivo da morte de León I, deixara até a primavera do 474 a sua entrada en Italia. En Xuño do 474, desembarca en Ostia e Glicerio entrega o poder sen loita nin resistencia. Inmediatamente, Xulio Nepote é nomeado emperador. Glicerio é nomeado bispo de Salona, e no ano seguinte, cando Xulio Nepote abandone Italia camiño da Dalmacia, levará a Glicerio como bispo persoal.
[editar] Ligazóns externas
- * "Glycerius", De Imperatoribus Romanis
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Anicio Olibrio |
Glicerio | Precede a: Xulio Nepote |
Imperio do Occidente |