Gianni Celati
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gianni Celati (Sondrio, 1937) é un escritor, tradutor e crítico literario italiano.
Celati pasou a infancia e adolescencia na provincia de Ferrara, estudou literatura inglesa na Universidade de Boloña e doutorouse cunha tese sobre James Joyce, no ano 1970 publicou a súa primeira novela, Comiche , seguíronlle Le avventure del Guizzardi (1972), La banda dei Sospiri (1974) e Lunario del paradiso (1978), nun estilo cómico e fantasioso que se saía da norma académica, nestes anos publica tamén traducións de clásicos ingleses. Tras un longo silenzo literario que pasou ensinando na Cornell University de Ithaca (Estado de Nova York, USA) e que rematou en 1984 coa publicación do libro de relatos Narratori delle pianure, nesta obra cambia completamente de estilo, cunha lingua sinxela cos personaxes reducidos á mínima expresión.No ano 2006 gañou o Premio Viareggio con Vite di pascolanti.