Georges Florovski
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Georges Florovsky foi un pensador e teólogo ruso. Naceu en Odessa en 1893. Perseguido polo réxime soviético, instaluse en Francia onde foi profesor no Instituto de San Serxio en París. Ensinou tamén en Harvard e en Princenton, onde faleceu en 1979.
[editar] Pensamento
Especialista nos Pais da Igrexa, considerou que había que volver a unha teoloxía baseadada na experiencia espiritoal e na celebración comunitaria da liturxia. Aquí é onde radica a superioridade da Igrexa Ortodoxa fronte ao autoritarismo e a especulación racionalista e xurídica da Igrexa Católica. A doutrina ortodoxa non se ensina nas aulas senón que é unha vivencia que se proclama no templo. A oración non é un conxunto de peticións senón un camiño que nos introduce no espazo do divino que transforma o interior e nos abre ao exterior rachando a individualidade illada.
Rexeita a visión xurídica da redención como expiación, propia do catolicismo. Ve en Xesús de Nazareth ao ilimitado no limitado, a natureza divina asumindo a humana co fin de sanar o feble e completar o deficiente: en Cristo non só se revelou o sentido da existencia humana, senón que se realizou. Para Florovsky, a marioloxía non é senón un aspecto da cristoloxía, baseado na condición de theotocos (nai de Deus). Así mesmo, nos santos non se desliza unha idolatría senón a veneración á deificación da natureza humana, o amor de Deus cara eles e neles. A deificación non é un fenómeno ontolóxico senón unha comunión persoal con Deus que inunda coa súa presenza a existencia humana.