See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Gato de Schrödinger - Wikipedia

Gato de Schrödinger

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Gato de Schrödinger é unha experiencia mental (Gedanken) deseñada por Erwin Schrödinger que procura explicar cun exemplo ilustrativo a incompletitude da teoría da mecánica cuántica ao pasar do nivel subatómico ao macroscópico. O experimento propón o seguinte:

Colócase un gato nunha caixa selada. No interior da caixa existe un dispositivo que contén un núcleo radioactivo e máis un frasco de gas velenoso. O experimento arránxase de tal xeito que hai un 50% de posibilidades de que o núcleo radioactivo se desintegre en 1 hora; cando o núcleo se desintegrar, emitirá unha partícula que accionará o dispositivo que abre o frasco, e polo tanto o gatro morrerá. De acordo coa mecánica cuántica, o núcleo sen observar é descrito como unha mestura de "núcleo desintegrado" e de "núcleo non desintegrado ". Así e todo, cando se abre a caixa, o investigador ve só un "gato morto/núcleo desintegrado" ou un "núcleo non desintegrado /gato vivo."

A pregunta é: cando deixa de ser o sistema unha mestura de estados e pasa a un ou ao outro estado? O obxectivo da experiencia é ilustrar que a mecánica cuántica está incompleta sen regras que describan cando colapsa a función de onda se colapsa e o gato se torna morto ou vivo, en vez dunha mestura de ambos.

Índice

[editar] Intención

Ao contrario da convicción popular, Schrödinger non pretendía mostrar que existan gatos mortos/vivos; o que el quería mostrar é que a mecánica cuántica é unha teoría incompleta.

O artigo orixinal apareceu na revista alemá Naturwissenschaften (Ciencias Naturais) en 1935: E. Schrödinger: "Die gegenwärtige Situation in der Quantenmechanik" ("A situacion actual na mecánica cuántica "), Naturwissenschaften, 48, 807, 49, 823, 50, 844 (novembro de 1935). A intención era discutir o artigo EPR publicado por Einstein, Podolsky e Rosen o mesmo ano. Á parte de presentar o gato, Schrödinger tamén cuñou o termo alemán "Verschränkung" ("enredo") nese artigo.

O gato de Schrödinger: nunha hora hai un 50% de posibilidades de que se libere o gas venenoso e que este mate o gato.
O gato de Schrödinger: nunha hora hai un 50% de posibilidades de que se libere o gas venenoso e que este mate o gato.

[editar] interpretación de Copenhague

Segundo a interpretación de Copenhague, un sistema deixa de ser unha mestura de estados e pasa a ser un único estado cando se dá unha observación. Esta experiencia ilustra que non está claro cal é o momento exacto da observación. Poderíase argumentar a posición absurda de que en canto a caixa está pechada, o sistema é unha superposición de estados "gato morto/núcleo decaído" e "gato vivo/núcleo non desintegrado" e só cando a caixa é aberta e se dá unha observación é que a función de onda colapsa nun dos dous estados. Isto é absurdo, e intuitivamente pensaríase que a "observación" se dá cando unha partícula do núcleo bate no detector. porén (e isto é a idea crucial da experiencia), non hai regra para escoller entre as dúas hipóteses, e a mecánica cuántica é incompleta sen explicacións para a existencia de tales regras.

[editar] interpretación dos universos paralelos de Everett

Segundo a interpretación dos universos paralelos de Everett, ambos os estados persisten. Cando un observador abre a caixa, el tórnase un tanto emarañado co gato, entón o observador declara o correspondente ao que ve, se o gato está vivo ou morto sendo que ningún deles dous pode ter interacción co outro.

[editar] Aplicación práctica

Curiosamente, estas ideas teñen algún interese práctico, xa que poden ser aplicadas á criptografía cuántica. É posible enviar a través dunha fibra óptica, luz que é unha mestura de estados. Se fose posible colocar un aparello no medio do cabo que intercepte a transmisión e a retransmita, sería posible observar que a luz colapse nun dos estados. A través dunha análise estatística realizada na outra extremidade do cabo, é posible determinar se a luz foi interceptada e retransmitida ou non. Isto permite o desenvolvemento de sistemas de comunicación que non poden ser detectados sen que iso sexa observado. Esta experiencia (perfectamente realizable) tamén ilustra que a "observación" en mecánica cuántica non ten nada a ver con consciencia, xa que unha detección perfectamente inconsciente tamén afectará o sinal de forma detectábel.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -