Gaston Bachelard
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gaston Bachelard (Bar-Sur-Aube 1884 - París 1962) foi un filósofo da ciencia e da poesía francés.
Bachelard traballou en correos en París antes de estudar física e interesarse pola filosofía. Entre 1930 e 1940 foi profesor en Dijon.
Os estudos de Bachelard na historia e filosofía da ciencia como Le nouvel esprit scientifique e La formation de l'esprit scientifique baseáronse na súa visión da epistemoloxía histórica como unha clase de psicoanálise da mente científica. Opúxose ao positivismo e ao neokantismo con un racionalismo no senso cartesiano, a ciencia constrúese contra a evidencia, contra as ilusión do coñecemento inmediato, é nese senso que fala dunha filosofía do non.