Funafuti
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Funafuti é a capital de Tuvalu, tamén é centro económico deste país.
A súa poboación é moi baixa, 4.492 habitantes (2002).
Funafuti está situada no atol máis grande do pequeno país, no atol expórtase copra e outros moitos froitos tropicais. O atol carece de recursos naturais, polo que os habitantes da zona confían na agricultura.
O único hotel de Tuvalu está situado moi preto de Funafuti, na localidade de Fongafale, a que ten unha poboación aproximada a esta.
O atol de Funafuti tamén conta con aeroporto.
[editar] Illas de Funafuti
Estímanse 33 illas no atol. A maior delas é Fongafale, seguida de Funafala. Polo menos hai tres illas que están habitadas, as cales son Fongafale, Funafala e Motuloa.
- Amatuku
- Avalau
- Falaoigo
- Fale Fatu (ou Falefatu)
- Fatato
- Fongafale
- Fuafatu
- Fuagea
- Fualefeke (ou Fualifeke)
- Fualopa
- Funafala
- Funamanu
- Luamotu
- Mateika
- Motugie
- Motuloa
- Mulitefala
- Nukusavalevale
- Papa Elise (ou Funangongo)
- Pukasavilivili
- Te Afuafou
- Te Afualiku
- Tefala
- Telele
- Tengako (península da illa de Fongafale)
- Tengasu
- Tepuka
- Tepuka Vili Vili
- Tutanga
- Vasafua
- e polo menos outras cinco illas.
[editar] Bahías e rúas en Funafuti
- Te Ava Pua Pua
- Te Ava Tepuka Vili
[editar] Lagoa TeNamo
A lagoa rodeada polo atol é TeNamo. A súa lonxitude vertical é superior aos 20 km.