See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
František Palacký - Wikipedia

František Palacký

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

František Palacký (litografía, 1855)
František Palacký (litografía, 1855)

František Palacký (14 de xuño de 1798 en Hodslavice, Moravia26 de maio de 1876 en Praga), foi un historiador e político checo.

Descendente dunha familia husita que mantivera secretamente as súas crenzas protestantes durante o período de persecución relixiosa, František Palacký estudou dende 1812 no Liceo Luterano de Bratislava, alí coñeceu ao filólogo Jozef Šafárik quen lle transmitiu o amor polas linguas eslavas.

En 1823, Palacký, estableceuse en Praga, a súa amizade con Josef Dobrovský permitiulle entrar en contacto co conde Sternberg, fundador da Sociedade do Museo Bohemio e cando en 1825 saíu o seu xornal, Časopis českého musea Palacký converteuse no seu editor, ao primeiro o xornal publicábase en checo e alemán, máis adiante só sairía en checo para converterse no máis importante órgano literario de Bohemia.

A obra capital de Palacký foi a monumental Geschichte von Böhmen, a historia de Bohemia ata 1526 cando deixou de ser un estado independente, publicouna en cinco volumes entre 1836 e 1867 e tivo que percorrer os arquivos locais de Bohemia e as bibliotecas das principais cidades europeas, a obra converteuse nun clásico da historiografía checa, publicada orixinalmente en alemán ao pouco tempo saíu traducida ao checo. En 1848 cando se eliminou a policía encargada da censura, Palacký publicou unha nova versión das obras xa publicadas coa versión orixinal antes de ser revisada polos censores que consideraban parte dos seus estamentos críticos coa actuación da Igrexa Católica.

Tras a revolución de 1848 Palacký entrou no Reichstag no outono dese ano, foi membro do Congreso Eslavo de Praga, politicamente era partidario dun imperio austríaco forte que debía consistir nunha federación de xermanos do sur e estados eslavos, permitindo a conservación dos dereitos de cada pobo, esta teoría coñeceuse como austroeslavismo e chegouselle mesmo a ofrecer un ministerio no equipo de Franz von Pillersdorf pero o triunfo do partido reaccionario en 1852 supuxo a súa retirada da política. Volveu como membro vitalicio do senado en 1861 e como membro do Landtag de Bohemia onde se converteu no líder do Partido Nacional Checo que propuña o establecemento dun reino checo que abranguese Bohemia, Moravia e Silesia.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -