Francia Metropolitana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo Francia Metropolitana (France Métropolitaine) refírese ao territorio continental de Francia en Europa máis a illa de Córsega. Exclúe os departamentos de ultramar e os territorios de ultramar, que, malia ser partes integrais da República Francesa, son referidos como Francia de Ultramar (France d'outre-mer). Nos departamentos e territorios de ultramar, unha persoa da Francia Metropolitana é referida como métro.
Ao 1 de xaneiro de 2008, existían 61.875.822 persoas vivindo na Francia Metropolitana, mentres que 2.597.318 vivían na Francia de Ultramar, sumando un total de 64.473.140 na República Francesa.
O termo Francia Continental emprégase cando se exclúe a illa de Córsega da Francia Metropolitana.