Fosa nasal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha fosa nasal é unha abertura disposta xeralmente no nariz dalgúns animais, por onde intercambian osíxeno diatómico e dióxido de carbono co medio aéreo.
Algúns mamíferos acuáticos, como as baleas ou os golfiños, teñen as fosas nasais situadas na parte superior do cranio en lugar de no nariz, facilitando así a respiración cando ascenden á superficie.
A irritación das fosas nasais é a que desencadea o reflexo do estornudo.