Forbach
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Forbach é unha pequena cidade francesa do departamento de Mosela, na rexión de Lorena. Ten 22.450 habitantes, consonte datos de 2007.
Està sita a 15 Km de Saarbrücken (Alemaña) e a 120 Km de Estrasburgo.
[editar] Historia
Durante a guerra dos Trinta Anos, Forbach foi escenario de enfrontamentos armados. O castelo de Schlossberg e a muralla que o protexía foron derrocados en 1635 por orde do cardeal Richelieu. En 1739 naceu nesta cidade o xeneral Jean Nicolas Houchard, figura salientábel da Revolución Francesa e do imperio de Napoleón I.
A liña de tren entre Metz e Forbach foi inaugurada en 1851 e no ano seguinte a de Saarbrücken. A partir de mediados do século XIX tres famílias influíntes dominaron a súa vida política, económica e social. Estas foron os De Wendel, os Couturier e máis os Adt. Despois da batalla de Spicheren no marco da guerra franco-prusiana, en 1870, Forbach foi annexionada ao Reich alemán, como o resto de Lorena, do que formou parte até o final da Primeira Guerra Mundial, momento no que Lorena (e Alsacia) foron recuperadas polo estado francés.
Durante boa parte da Segunda Guerra Mundial, Hitler annexionou a rexión de Mosela ao Terceiro Reich.
[editar] Nativos ilustres
- August Hoff (1892–1971), historiador da arte alemán.
- Jean-Nicolas Houchard (1740–1793), militar.
- Patricia Kaas (n. 1966), cantante.
[editar] Ligazóns externas
- [1] Concello de Forbach