Fontihoyuelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fontihoyuelo é un municipio localizado na bisbarra Tierra de Campos, no norte da provincia de Valladolid a 78 km da súa capital, na comunidade autónoma española de Castela e León.
Índice |
[editar] Historia
A súa orixe parece datar do século XIII, o seu nome provén de Fonte Foyolo, vocablo leonés que significaba fonte na vagoada, xa que é esa a súa localización. Foi lugar soarego da merindade de Carrión e da familia Cabeza de Vaca. Nos anos 60 sufriu unha forte emigración, como toda a súa bisbarra principalmente ó Pais Vasco, Madrid, Valladolid e Asturias.
[editar] Xeografía
Localízase na bisbarra de Tierra de Campos, no norte da provincia de Valladolid, pertence ó partido xudicial de Medina de Rioseco, na comunidade autónma de Castela e León. Ten censados 38 habitantes ainda que o número de persoas residentes durante todo o ano é inferior, de igual xeito, esta cifra aumenta considerablemente no verán.
[editar] Monumentos
A igrexa do Salvador máis os pombais son unha mostra da arquitectura popular desta bisbarra.
[editar] Festas
O 18 de xullo celébrase a festa patronal en honra de Santa Marina e bailase a tradicional redondilla en torno á igrexa. A mediados de agosto faise un voto a San Roque por liberaa vila da peste na Idade Media.
[editar] Economía
É unha vila eminentemente agrícola con 1630 Ha de terreo cultivable e tamén gandeiro cunha explotación de bovino de leite e outra de ovino. Tamén ten unha casa rural chamada "El Braserillo".