See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Florence Nightingale - Wikipedia

Florence Nightingale

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Florence Nightingale
Florence Nightingale

Florence Nightingale (12 de maio 1820, Florencia - 13 de agosto 1910, Londres) foi unha enfermeira británica que foi famosa por ser pioneira no tratamento a feridos de guerra, durante a Guerra de Crimea. Tamén contribuíu no campo da Estatística, nomeadamente na creación de sistemas de representación gráfica como o gráfico sectorial (comunmente coñecido como gráfico do tipo "tarta").

A súa familia, rica e ben relacionada, vivía en Florencia, na Italia. Por iso, Florence recibiu o nome en inglés da cidade en que naceu, como a súa irmá máis vella Parthenope nacida en Partenope. Moza brillante e impetuosa, rebelouse contra o papel convencional para as mulleres do seu status, que sería o dunha esposa exemplar, e decidiu dedicarse á enfermaría.

Tradicionalmente, o papel de enfermeira era exercido por mulleres axudantes en hospitais ou acompañando exércitos, moitas veces traballando tamén como cociñeiras e prostitutas. Florence Nightingale estaba particularmente preocupada cas condicións de tratamento médico dos máis pobres e indixentes. Ela anunciou a súa decisión á súa familia en 1845, provocando rabia e rutura, particularmente da súa nai.

Aparentemente, Florence sufría de esquizofrenia. En decembro de 1844, en resposta á morte dun mendigo nunha enfermaría en Londres, que rematou nun escándalo público, ela foi a principal defensora de mellorías no tratamento médico. Inmediatamente, ela obtivo o apoio de Charles Villiers, presidente do Poor Law Board (Comité de Lei para os Pobres). Isto a levou a ter un papel activo na reforma das Leis dos Pobres, estendendo o papel do Estado máis alén do fornecemento dos tratamentos médicos.

En 1846, visitou Kaiserwerth, un hospital pioneiro fundado e dirixido por unha orde de freiras católicas na Alemaña, quedando impresionada pola calidade do tratamento médico e polo compromiso e prácticas das freiras.

A contribución máis famosa de Florence foi durante a Guerra de Crimea, que se tornou o seu principal foco cando os relatos da guerra comezaran a chegar a Inglaterra contando sobre as condicións horríbeis para os feridos. En outubro de 1854, Florence ten un equipo de 38 enfermeiras voluntarias educadas por ela, inclusive a súa tia Mai Smith, e partirom para Crimea.

Florence Nightingale volveu para Inglaterra como unha heroína en agosto de 1857 e, de acordo ca BBC, era probabelmente a persoa máis famosa da Era Vitoriana alén da propia Raíña Victoria.

En 1883, a Raíña Victoria concedeu a Florence Nightingale a Cruz Vermella Real e en 1907 convertiuse na primeira muller en acadar a Orde do Mérito.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -